Consultoría

Balidea asina un acordo coa compañía israelí Checkmarx para a venda de solucións de software de seguridade de aplicacións

Balidea acaba de chegar a un acordo coa israelí Checkmarx para a venda na súa área xeográfica de influencia (España e outros mercados europeos), de solucións de software de seguridade para a análise da exposición de aplicacións e servizos tecnolóxicos.  Balidea consegue así unha alianza estratéxica que pon en valor a súa aposta recente pola ciberseguridade, aplicada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas, o seu core de negocio.

ler máis

Balidea, provedor do concello de Copenhague

Desde hai uns meses temos un novo cliente a nivel internacional, o concello de Copenhague, co que asinamos un contrato para o próximos catro anos. Esta institución dispón de máis de 300 sitios web onde presta todo tipo de servizos aos seus empregados e á cidadanía.

ler máis

Seis consellos de ciberseguridade para empresas

Con motivo do Día Internacional da Seguridade da Información (DISI), que se celebra o 30 de novembro, a compañeira de Balidea e experta na materia Belén Pérez, destaca unha serie de consellos para empresas co fin de evitar os ciberataques.

ler máis

Balidea celebra o 15.º aniversario

Balidea festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector TIC galego. O encontro, realizado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da sede compostelá e das oficinas de Bilbao, A Coruña, Ourense e Vigo.

ler máis

O informe Ardán sitúa Balidea como empresa xeradora de riqueza

Balidea aparece por primeira vez como empresa xeradora de riqueza no informe Ardán, o documento de referencia para coñecer o estado do tecido empresarial galego. A nosa empresa tecnolóxica recibe esta distinción xunto con outras 246 firmas das 18.235 rexistradas na comunidade. Entre os méritos para obter este indicador están o bo comportamento dos resultados económicos e a redución do custo dos recursos.

ler máis

A plataforma de comunicación en tempo real do Sergas, desenvolvida por Balidea, peza clave do programa de Tele-ictus

29 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO ICTUS

O novo Plan Ictus da Consellería de Sanidade, baseado na teleasistencia, ten como ferramenta clave a plataforma tecnolóxica de comunicación en tempo real do Servizo Galego de Saúde (Sergas), desenvolvida por Balidea.

ler máis

'El día después' resalta o uso de ADESTRapp na súa crónica deportiva

O R.C. Deportivo da Coruña aposta pola tecnoloxía e o seu corpo técnico leva tempo usando ADESTRApp para mellorar os resultados, corrixir posicións e ver de novo as xogadas pasados uns segundos.

O uso desta ferramenta non pasa desapercibida para os medios deportivos e, nesta ocasión, é o programa de Canal + 'El día después' o que menciona a innovadora tecnoloxía na súa crónica deportiva do partido Dépor-Málaga, no que o equipo galego conseguiu un empate, despues dunha non moi boa tempada.

ler máis

ADESTRapp revoluciona o mundo deportivo

  • O programa deportivo de referencia da TVG ‘En Xogo’ faise eco da innovación que trae consigo esta tecnoloxía da man do consultor de BALIDEA e adestrador do FC As Pontes, Pablo López Vidal
  • ADESTRapp é unha ferramenta orientada á asistencia táctica para o corpo técnico durante os partidos que permite a transmisión en tempo real de imaxes desde a bancada.
ler máis

BALIDEA presenta ADESTRApp no 'Posgrao universitario en Xestión Empresarial da Innovación'

O vindeiro sábado 27 de febreiro, estaremos a participar no 'Posgrao universitario en Xestión Empresarial da Innovación' que organiza a UDC: https://lnkd.in/d5Tbxaz con a presentación do noso proxecto de I+D+i  ADESTRapp:  http://www.adestra

ler máis

BALIDEA inaugura nova oficina de I+D+i no Campus Universitario de Vigo

Balidea abre unha nova oficina no campus universitario de Lagoas-Marcosende en Vigo, un centro de traballo que xestionará e promoverá os proxectos de I+D+i, tanto internos como os realizados en colaboración con outras empresas.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Consultoría