Responsabilidade Social Corporativa

 

O compromiso coa transformación social da nosa contorna está presente na traxectoria de Balidea. Desde a nosa empresa apostamos por implantar modelos de traballo que contribúan de forma activa á mellora social, económica e ambiental da sociedade no seu conxunto.

Sendo conscientes do papel que as empresas manteñen na construción de valores colectivos, tentamos poñer en práctica estratexias e sistemas de xestión que contribúan a conciliar a eficacia empresarial cos valores sociais, ambientais e de igualdade entre as persoas.

O noso compromiso co medio ambiente está avalado coa implantación dun Sistema de Xestión Ambiental dacordo á norma UNE 14001. Desta forma lévase a cabo unha optimización na xestión de recursos e residuos que reduce os impactos ambientais e promove a protección do medio desde un punto de vista de equilibrio cos aspectos socioeconómicos.

Por outra banda, desde setembro de 2014, Balidea ten establecido un Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres que contén un conxunto ordenado de medidas, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades e a eliminar a discriminación por razón de xénero.

Ademais, BALIDEA ten implantado un Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde Ocupacional conforme á norma OSHAS 18001:2007, certificado por AENOR, que permite controlar eficazmente os riscos asociados á actividade laboral, así como a mellora da eficacia do sistema de xestión.