Desenvolvemento

Impulsamos a IA sostible co desenvolvemento da plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes

Balidea está a levar a cabo o deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma “Green AI”, un proxecto chave dentro do Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que dará cobertura a todas as súas actividades.

ler máis

A Consellería de Sanidade e o SERGAS lanzan o Observatorio de Saúde Pública de Galicia, un desenvolvemento web realizado coa colaboración de Balidea

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) publicaron hoxe o portal web do “Observatorio Galego de Saúde Pública”, un espazo de datos sanitarios aberto e dinámico, “un antes e un despois” na maneira de achegar a información á cidadanía e aos profesionais.

ler máis

Balidea colabora coa AMTEGA na evolución da Plataforma de competencias dixitais da Xunta de Galicia

Como socios tecnológicos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Balidea encargarase da evolución e mantenimiento da Plataforma de Competencias Dixitais da Xunta de Galicia. Esta plataforma, composta por varias ferramentas integradas entre si, está orientada a dar soporte ao Marco galego de competencias dixitais e permitirá, entre outras cousas, xestionar o expediente formativo da cidadanía nesta materia.

Competencias dixitais

ler máis

Presentamos en Bruselas a nosa contribución á igualdade dixital das linguas en Europa

Este martes, 27 de xuño, Balidea terá a honra de participar no META-FORUM 2023 en Bruxelas, un evento de referencia en Europa no ámbito da igualdade dixital das linguas. Fomos convidados a expoñer as nosas contribucións á Axenda Estratéxica de Investigación, Innovación e Implementación para alcanzar a plena igualdade dixital nas linguas europeas ata o ano 2030 (SRIA).

ler máis

Lanzamos o proxecto FalAI para recoller voces en galego que permitirán mellorar os asistentes conversacionais de dominio

Somos conscientes de que nos vindeiros anos a interacción co mundo dixital en ámbitos específicos como poden ser a saúde ou os trámites administrativos se realizará principalmente a través da voz. É por iso que esta mañá Balidea e o centro de investigación AtlanTTic da Universidade de Vigo presentamos o proxecto FalAI, que busca recoller voces en galego que permitan mellorar o recoñecemento da voz na nosa lingua en asistentes conversacionais de dominio como os sinalados.

ler máis

Balidea desenvolverá ferramentas dixitais que garantan un modelo industrial sostible dentro do PERTE do Vehículo Eléctrico

Balidea participou como socia na presentación pública de Future: Fast Forward, que levou a cabo onte en Madrid. O acto contou coa presenza da Ministra de Facenda e Función Pública María Jesús Montero, quen apuntou que “temos o coñecemento tecnolóxico, a capacidade industrial, o liderado empresarial e o apoio das administracións públicas para contribuír a unha economía cada vez máis sostible, máis limpa e menos contaminante, onde a mobilidade eléctrica vai desempeñar un papel determinante”.

ler máis

Balidea consegue a certificación ENS polo seu compromiso coa seguridade e privacidade de datos

Obtivemos a certificación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) de AENOR para os nosos sistemas de información que brindan soporte aos servizos informáticos para a xestión empresarial e a Administración Pública, así como soporte técnico para software e sistemas operativos.

ler máis

Balidea desarrolla con la empresa francesa AXYN un asistente virtual robotizado para mejorar la atención sociosanitaria de las personas mayores

 

ler máis

Balidea aposta por tecnoloxías da fala en galego

En Balidea apostamos polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan interaccionar co mundo dixital en galego.

ler máis

Balidea participa na proposta “Future: Fast Forward” de impulso do vehículo eléctrico co desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a integración de procesos de reciclaxe

  • “Future: Fast Forward” é un proxecto de país apoiado por unha agrupación de 62 empresas, lideradas polo Grupo Volkswagen e SEAT S.A.
  • A proposta foi rexistrada ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) coa ambición de converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa.
  • Balidea participa dentro do proxecto primario RELOAD, que ten como obxectivo contribuír á subministración de metais de alto valor na cadea industrial do VEC, impulsando un modelo sostible baseado na economía circular. 
ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Desenvolvemento