'El día después' resalta o uso de ADESTRapp na súa crónica deportiva

'El día después' resalta o uso de ADESTRapp na súa crónica deportiva

O R.C. Deportivo da Coruña aposta pola tecnoloxía e o seu corpo técnico leva tempo usando ADESTRApp para mellorar os resultados, corrixir posicións e ver de novo as xogadas pasados uns segundos.

O uso desta ferramenta non pasa desapercibida para os medios deportivos e, nesta ocasión, é o programa de Canal + 'El día después' o que menciona a innovadora tecnoloxía na súa crónica deportiva do partido Dépor-Málaga, no que o equipo galego conseguiu un empate, despues dunha non moi boa tempada.

A innovadora tecnoloxía creada polo departamento de I+D+I de BALIDEA permite corrixir fallos en posicións, revisar as xogadas en tempo real, e mellorar así os movementos.

Xogando coa vantaxe de poder revisar calquera xogada, e desde outra posición para ter unha perspectiva total do campo, o corpo técnico dótase dunha ferramenta que pode axudar a lograr mellores resultados, favorecendo que cada xogador se manteña ben situado e o equipo se comporte como un bloque, sen posicións atrasada nin adiantadas.

Co traballo de Victor Sánchez del Amo e de David Dóniga no banco e coa axuda da tecnoloxía ADESTRapp, máis cedo que tarde, os goles en forma de puntos comezarán a entrar en Riazor.

Adestra, grava, mellora.

Youtube é Canal+  ADESTRApp

Comparte este post: