Calidade

Dende os nosos inicios, en BALIDEA apostamos pola estandarización e a excelencia na prestación de servizos para conseguir que a empresa, como organización, achegue valor en cada unha das nosas colaboracións.

Respectando esta filosofía, implantamos, xestionamos, integramos e certificamos distintas normas de calidade e modelos de traballo co fin de xestionar todos os nosos procesos operativos, tanto produtivos coma de xestión.

A nosa principal responsabilidade e un dos eixes da nosa sustentabilidade é ofrecer aos nosos clientes solucións e servizos innovadores e cuns altos estándares de calidade.

As metodoloxías de xestión de proxectos, calidade e seguridade de TI implantadas en BALIDEA pretenden garantir a calidade do servizo, mentres que os nosos consultores ofrecen un servizo personalizado e atención aos nosos clientes.