Balidea asina un acordo coa compañía israelí Checkmarx para a venda de solucións de software de seguridade de aplicacións

Balidea asina un acordo coa compañía israelí Checkmarx para a venda de solucións de software de seguridade de aplicacións

Balidea acaba de chegar a un acordo coa israelí Checkmarx para a venda na súa área xeográfica de influencia (España e outros mercados europeos), de solucións de software de seguridade para a análise da exposición de aplicacións e servizos tecnolóxicos.  Balidea consegue así unha alianza estratéxica que pon en valor a súa aposta recente pola ciberseguridade, aplicada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas, o seu core de negocio.

Checkmarx é unha das compañías mellor posicionadas no seu ámbito, valorada no cuadrante máxico de Gartner como a mellor solución do mercado de probas de seguridade de aplicacións e servizos, que permite aos equipos de desenvolvemento entregar software seguro máis rápido.

Conta con máis de 2.000 clientes de dimensión empresarial a nivel mundial, incluíndo as principais empresas tecnolóxicas e financeiras. Entre eles están cinco dos dez principais provedores de software do mundo e moitas compañías da lista  Fortune 500, incluíndo SAP,  Samsung e  Salesforce, así como grandes entidades do sector bancario e numerosas organizacións gobernamentais e institucións públicas. En España traballa cos principais grupos bancarios e varias administracións públicas, entre outros clientes.

Probas de seguridade máis áxiles e menos custosas

Checkmarx ofrece unha plataforma de probas de seguridade para contornas áxiles de desenvolvemento de software, como  DevOps e  CI, baseadas no despregamento continuo. Ao redefinir o rol de seguridade no ciclo de desenvolvemento de software, permite que as probas de exposición sexan rápidas e incrementais, o que reduce significativamente os tempos e os custos, evitando o enfrontamento a vulnerabilidades de seguridade nas fases finais do proceso e próximas ao lanzamento. En particular, facilita que os  equipos de desenvolvementos testeen o seu propio código para problemas de seguridade, posibilitando obter resultados instantáneos e remediar as incidencias ao momento.

Comparte este post: