Aviso Legal

Aviso Legal

Información xeral

Balidea Consulting & Programming é unha sociedade inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña (Tomo 2630 - Folio 107 - Folla C-29447), con C.I.F B-15850647 e domiciliada en Santiago de Compostela (Edificio Witland, Rúa dos Camiños da Vida, s/n Baixo, 15705). O teléfono de atención ao público é o 981 937 876 e o caixón de correo electrónico xeral é: info@balidea.com.

Dita sociedade é ademais a propietaria da marca BALIDEA e da páxina web á que se accede dende o dominio "www.balidea.com"

Propiedade intelectual e uso dos contidos

Os textos, imaxes, sons, animacións, vídeo e resto de contidos incluídos neste sitio web son propiedade de Balidea Consulting & Programming. A súa transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento total ou parcial, require, salvo cando se indique o contrario, o previo e expreso consentimento de Balidea Consulting & Programming (info@balidea.com ).

Salvo no caso de autorización expresa, tampouco se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace que dende páxinas de terceiros permita o acceso directo ás páxinas de Balidea Consulting & Programming. Este sitio web conten dispositivos técnicos de enlace a páxinas externas sobre as cales Balidea Consulting & Programming non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado con ditos sitio webs. Balidea Consulting & Programming, exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que acompañen ao ou se deriven do uso destas páxinas web. Balidea Consulting & Programming pode modificar sen previo aviso as características, especificacións e fotografías dos seus produtos, así como calquera outra información aquí recollida, e non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo.

En ningún caso entenderase que, polo acceso a esta sitio web, as usuarias e usuarios obtén licenza ou autorización para a utilización, mais alá do uso estritamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes na sitio web nin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial. Balidea Consulting & Programming resérvase a facultade de almacenar as direccións IP das usuarias e usuarios que acceden ao sitio web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos de usuarias e usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información é almacenada durante o tempo máximo que permite a lei.

Protección de datos

Relativo aos datos de caracter persoal recibidos en Balidea Consulting & Programming, mediante formularios de contacto e envío de currículums, as usuarias e usuarios consenten e aceptan expresa e inequívocamente que os datos persoais sexan incorporados e tratados nun ficheiro de titularidade e responsabilidade de Balidea Consulting & Programming a efectos de poder eventualmente contactar agora ou no futuro, en relación con procesos de selección de persoal. O devandito ficheiro atópase inscrito no Rexistro Xeral da Axencia de Protección de Datos. Os datos recollidos serán só empregados por Balidea Consulting & Programming.

No caso de envío de currículum coas circunstancias persoais e profesionais, implica a súa obriga de comunicar calquera alteración ou modificación dos mesmos a fin de garantir ao titular do ficheiro que tales datos se atopan en todo momento actualizados e, todo elo, sen prexuízo do seu dereito a revocar o consentimento outorgado respecto da inclusión de tales datos ou respecto de calquera dos tratamentos aquí previstos.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal ("LOPD"), Balidea Consulting & Programming infórmalle que poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose a Balidea Consulting & Programming, Rúa dos Camiños da Vida s/n Baixo – 15703 de Santiago de Compostela, ou á dirección de correo electrónico: info@balidea.com info@balidea.com

Balidea Consulting & Programming comprométese na utilización dos datos incluídos no devandito ficheiro, a respectar a súa confidencialidade e a empregalos de acordo coa finalidade do ficheiro, así como a dar cumprimento á súa obrigación de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecemento no Reglamento de Medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos polas leis españolas.