Proxectos e clientes

Balidea é unha empresa de servizos, experiencias obtidas e tarefas realizadas: un proxecto de proxectos. Na nosa formulación non hai iniciativa pequena e todos os nosos clientes son grandes. Por iso o noso portfolio posúe exemplos claros da nosa traxectoria e do noso camiño percorrido.

 

PROXECTOS

Balidea conta entre os seus clientes con organismos públicos e privados, empresas líderes tanto en construción e obra civil, coma en infraestruturas enerxéticas, empresas multinacionais e nacionais do sector industrial e de distribución, pequenas e medianas empresas, cooperativas e asociacións.

Todos os nosos proxectos están avalados pola carteira de clientes que logramos ao longo da nosa traxectoria empresarial.

O noso obxectivo: adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes a través dun equipo especializado e solucións innovadoras que estableceron as bases da nosa empresa.

CLIENTES

Dende o noso comezo no ano 2002, en Balidea traballamos con máis de 200 entidades de todos os tamaños e sectores axudándolles a desenvolver novas oportunidades en Internet e a converter en rendible a súa estratexia online.

Centrámonos en sectores tipo:

  • Sanidade
  • e-Administración
  • Deseño web
  • Educación
  • Eficiencia Enerxética
  • e-Health
  • Xeolocalización en interiores
  • Drupal
  • e-Learning