Seis consellos de ciberseguridade para empresas

Seis consellos de ciberseguridade para empresas

Con motivo do Día Internacional da Seguridade da Información (DISI), que se celebra o 30 de novembro, a compañeira de Balidea e experta na materia Belén Pérez, destaca unha serie de consellos para empresas co fin de evitar os ciberataques.

Segundo a experta en ciberseguridade, e como recomendacións básicas e prioritarias, débese ter claro cales son os activos que se queren protexer e tomar medidas para evitar que se vexan comprometidos. Tamén se han de ter actualizados os sistemas antimalware en todos os dispositivos, así coma os sistemas operativos e o software da organización.

Doutra banda, débense facer copias de seguridade periódicas da información máis sensible, definir unha correcta política de acceso á información e concienciar á plantilla para que empreguen patróns de conduta seguros, é dicir, non responder a correos spam ou difundir datos confidenciais da empresa ou contrasinais, entre outros.

O Día Internacional da Ciberseguridade celébrase dende 1998 para concienciar sobre a importancia da seguridade da información e dos sistemas e entornos que operan nela.

Comparte este post: