Balidea cos Bancos de Alimentos

Balidea cos Bancos de Alimentos

En  Balidea retomamos a nosa colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesba). Como este ano é inviable organizar unha recollida de alimentos nas nosas oficinas, sumámonos á súa Gran Recogida Online cunha achega económica de 650€, un 15% máis que a nosa última doazón a esta organización.

Debido á pandemia da COVID-19,  Fesbal prescindiu de realizar recollidas físicas, evitando así poñer en risco a doantes e voluntarios/as. Tivo que  reinventar a súa maior acción anual, optando polas doazóns económicas para a compra directa de alimentos desde os seus almacéns. É unha nova forma de colaborar en beneficio das persoas máis desfavorecidas, que entendemos que é máis urxente ca nunca. Por iso comprometémonos tamén a difundir a campaña entre o noso persoal e nas nosas redes sociais.

Sobre os Bancos de Alimentos

Os Bancos de Alimentos son entidades sen ánimo de lucro, apolíticas e aconfesionais, que traballan para combater a fame, a pobreza e o desperdicio de alimentos a través do seu aproveitamento e a súa repartición entre as persoas máis necesitadas.

A Gran Recollida de Alimentos supón a actividade máis importante de todas as accións de captación dos Bancos de Alimentos ao longo do todo o ano.

Desde o ano 2014, a Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal) coordina aos 54 Bancos de Alimentos de España na súa actividade de promoción, difusión e administración.