Balidea xa é patrocinador do c0r0n4c0n, o Congreso de Seguridade Informática, que ten como lema “Isto parámolo hackeando” e que destinará todos os fondos recadados ao Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19.
Esta convocatoria desenvolverase integramente online entre os días 9 e 12 de abril e foi organizada en tempo exprés pola comunidade hacker de España. Propón unha serie de charlas e talleres técnicos, así como eventos en streaming totalmente en aberto impartidos e organizados por expertos en ciberseguridade.