Balidea súmase un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias

Balidea súmase un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias

O 25 de novembro celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende 2015 a plataforma En Negro Contra As Violencias organiza diferentes accións colectivas de sensibilización social contra as violencias machistas.

Este ano, dadas as circunstancias actuais provocadas pola pandemia do coronavirus, as accións centraranse nas redes sociais. Por iso, Balidea tinguiu de negro os seus perfís sociais de LinkedIn, Facebook, Twitter e Instagram. Súmase así ás preto de 500 entidades que forman parte desta campaña que busca poñer fin ás diferentes formas de violencia contra as mulleres.