I + D + I

BALIDEA participa no Foro de Empresas para Enxeñería Informática da USC

Balidea, un ano máis, participou no VIII Foro de Empresas para Enxeñería Informática organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e que tivo lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería.

ler máis

BALIDEA lanza ADESTRapp, unha innovadora aplicación que capta e transmite vídeo en competicións deportivas

Balidea atópase detrás da creación de ADESTRapp, un produto de captación, transmisión e análise de vídeo aplicado a contornas de competición, adestramento e arbitraxe.

Para facer realidade esta aplicación Balidea contou coa axuda de profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia) da Universidade da Coruña, Ángel Vales e Alberto Areces.

ler máis

BALIDEA participou na reunión do consorcio do Proxecto UnderstAID en Barcelona

  • O Proxecto UnderstAID  está cofinanciado polo programa AAL (Ambiented Assited Living) da Unión Europea
  • Na reunión participaron distintos colaboradores do proxecto procedentes de Dinamarca, Polonia e España.
ler máis

BALIDEA presenta a súa APP dentro do proxecto Smart City

  • BALIDEA foi a encargada de desenvolver unha aplicación móbil con toda a axenda cultural e de lecer da cidade.
  • Alejandra González, consultora funcional en BALIDEA, participou activamente no acto de presentación ao que asisitiron máis de 500 persoas.
ler máis

BALIDEA colabora coa "III Reunión da plataforma tecnolóxica para a innovación en saúde"

'Sociedade Española de Informática da Saúde' -SEIS- , a través da 'Plataforma Tecnolóxica de Innovación para a Saúde, a Vida Activa e Independente'  organiza durante os días 19 e 20 de novembro a III Reunión da Plataforma Tecnolóxica para a Innovación en Saúde, no Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid.

ler máis

O proxecto FISIOROB nas JAI 2014

  • O proxecto consiste no desenvolvemento dun sistema robótico de asistencia na rehabilitación clínica.
  • No marco deste proxecto, BALIDEA é responsable do desenvolvemento dun sistema de realidade virtual e un sistema de xestión de datos hospitalarios que facilitan información sobre a evolución do paciente.

O proxecto FISIOROB, liderado por EMTE, participará nas VI Xornadas sobre Tecnoloxías e solucións para a Automatización Industrial JAI'2014, que se celebran en Vigo entre o 3 e o 7 de novembro.

ler máis

BALIDEA desenvolverá un innovador sistema de comunicación en tempo real para o Servizo Galego de Saúde

  • Este sistema optimizará as comunicacións entre os profesionais da sanidade pública, permitindo a coordinación das súas tarefas de xeito interactivo.
ler máis

BALIDEA, presente na Smart City Expo World Congress

Este ano celébrase a cuarta edición do  Smart City Expo World Congress. Será entre o 18 e o 20 de novembro  en Barcelona, onde estará presente o proxecto de cidade intelixente que se está a desenvolver na cidade da Coruña -SmartCoruña-e do que participa BALIDEA.

O Smart City World Congress é o evento máis importante que reúne nun mesmo lugar a representantes municipais, institucións, líderes académicos e de pensamento, centros de investigación e empresas, tendo como obxectivo mostrar todo tipo de tecnoloxías aplicadas para construír un ámbito urbano máis sostible e eficiente.

ler máis

Aprendemos en que consiste a 'Rede de Escolas na Nube' da man dos máis pequenos: os seus alumnos

A ‘Rede de Escolas dá Nube' é un proxecto de innovación educativa do que é posible saber máis grazas a este vídeo protagonizado polos alumnos e profesores que participan no proxecto. Eles cóntannos en primeira persoa as súas impresións sobre o funcionamento desta metodoloxía educativa que busca favorecer a colaboración entre centros rurais dispersos pola xeografía galega.

ler máis

Empresas galegas do ámbito TIC, entre as que se encontra BALIDEA, desenvolven novas ferramentas de procura de emprego baseadas en tecnoloxías móbiles e ferramentas sociais e de motivación

O proxecto PAGEFIT é unha iniciativa tecnolóxica pioneira de alcance internacional que propón o desenvolvemento dunha ferramenta multiplataforma que permita xestionar o capital intelectual e optimice a procura de emprego, primeiro problema para o 53,3% dos españois segundo a enquisa do CIS de abril de 2013.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - I + D + I