I + D + I

Presentamos RECUPERA, un sistema que incluirá robótica para a rehabilitación de pacientes con dano cerebral

O consorcio de empresas que integramos o proxecto RECUPERA presentamos esta semana a iniciativa no Hospital Povisa. O seu principal obxectivo é o desenvolvemento dun robot para a súa aplicación clínica en procesos rehabilitación de pacientes con dano cerebral provocado, por exemplo, por un ictus ou un accidente cerebrovascular. Así mesmo prevé a súa integración cun sistema de realidade virtual inmersiva, que lle permita ao usuario situarse en escenarios cotiáns, como a cociña e o baño, para tentar realizar virtualmente actividades concretas da vida diaria.

ler máis

PREBENCAR e RISING, dous novos proxectos TIC pensados para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas cardiovasculares e con deterioro cognitivo

Os consorcios dos proxectos PREBENCAR e RISING, integrados polas empresas Balidea e Imagames o primeiro e Balidea, FrutoDS e Atendo o segundo, xunto coa Fundación Ramón Domínguez, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) e o  Istituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) presentaron esta mañá no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela os obxectivos destas dúas iniciativas.

ler máis

Balidea colabora co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade da Coruña

BALIDEA está a colaborar co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación, organizado pola Universidade da Coruña e dirixido por Jose Manuel Barreiro e Andrés Faíña da Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea. Este posgrao inclúe a realización de prácticas en empresas innovadoras como BALIDEA, recoñecida como Peme Innovadora polo Ministerio de Economía e Competitividade.

ler máis

'El día después' resalta o uso de ADESTRapp na súa crónica deportiva

O R.C. Deportivo da Coruña aposta pola tecnoloxía e o seu corpo técnico leva tempo usando ADESTRApp para mellorar os resultados, corrixir posicións e ver de novo as xogadas pasados uns segundos.

O uso desta ferramenta non pasa desapercibida para os medios deportivos e, nesta ocasión, é o programa de Canal + 'El día después' o que menciona a innovadora tecnoloxía na súa crónica deportiva do partido Dépor-Málaga, no que o equipo galego conseguiu un empate, despues dunha non moi boa tempada.

ler máis

ADESTRapp revoluciona o mundo deportivo

  • O programa deportivo de referencia da TVG ‘En Xogo’ faise eco da innovación que trae consigo esta tecnoloxía da man do consultor de BALIDEA e adestrador do FC As Pontes, Pablo López Vidal
  • ADESTRapp é unha ferramenta orientada á asistencia táctica para o corpo técnico durante os partidos que permite a transmisión en tempo real de imaxes desde a bancada.
ler máis

BALIDEA presenta ADESTRApp no 'Posgrao universitario en Xestión Empresarial da Innovación'

O vindeiro sábado 27 de febreiro, estaremos a participar no 'Posgrao universitario en Xestión Empresarial da Innovación' que organiza a UDC: https://lnkd.in/d5Tbxaz con a presentación do noso proxecto de I+D+i  ADESTRapp:  http://www.adestra

ler máis

BALIDEA desenvolve o portal web de CIXUG

Xa está dispoñible o novo portal de CIXUG desenvolvido desde BALIDEA. A tecnoloxía usada é OpenCMS 9.5 que optimiza a visualización en dispositivos móbiles. Un bo traballo desde as nosas oficinas de I+D+i de Vigo!

ler máis

O fito final dun grande proxecto

O pasado 9 e 10 de febreiro, BALIDEA Consulting & Programming participou na última reunión do Proxecto UnderstAID (www.understaid.com) en Aarhus (Dinamarca). Desde BALIDEA queremos agradecemos moito a VIA University College @via por esta grande organización!

ler máis

O Ministerio de Economía e Competitividade recoñece o carácter innovador de BALIDEA coa concesión do selo PYME Innovadora

BALIDEA atópase xa inscrita no Rexistro público de PYMES innovadoras dependente da Dirección Xeral de Innovación e Competitividade. Desde este momento a nosa empresa dispón do selo PYME Innovadora, unha distinción coa que o Ministerio de Economía e Competitividade recoñece o carácter innovador e a importancia da investigación na actividade da empresa.

ler máis

A aplicación para o deporte ADESTRapp estrea a súa páxina web

ADESTRapp estrea páxina web deseñada por Balidea, onde se pode atopar toda a información acerca desta tecnoloxía pensada para sacar o maior rendemento da actividade deportiva.

Esta tecnoloxía foi desenvolvida por Balidea como proxecto interno de I+D+i en colaboración co Departamento de Educación Física e Deportiva da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - I + D + I