I + D + I

Finaliza o proxecto Recupera, liderado por Balidea, no que se desenvolveu un sistema que combina robótica e realidade virtual para a rehabilitación de pacientes con dano neurolóxico

O proxecto Recupera, sistema de apoio para a recuperación de funcionalidades de pacientes afectados por dano neurolóxico, presentou os seus resultados logo de tres anos de desenvolvemento. Trátase dun proxecto de I+D+i desenvolvido por un consorcio liderado por Balidea e no que tamén participan as enxeñerías DGH e I3Te, a produtora audiovisual Ficción e o hospital privado Povisa.

ler máis

Presentamos os resultados do noso proxecto de innovación TOURAL, que entra en fase de comercialización

O consorcio do proxecto TOURAL, integrado polas empresas tecnolóxicas Balidea, Situm Technologies e S-REC e a xestora de eventos culturais Nordesía Produccións, presentou o luns 28 de xaneiro os resultados finais da proposta, que entra agora en fase de comercialización.

ler máis

Balidea consegue a concesión de tres axudas do programa Conecta Peme 2018 para proxectos innovadores

Balidea vén de conseguir a concesión de tres axudas do programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que busca fomentar a cooperación entre empresas e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i para a realización de proxectos innovadores en áreas estratéxicas para Galicia. En particular, Balidea logrou dous proxectos da área de saúde-TIC e un de medio ambiente.

ler máis

Sabius, un aforro próximo ao 40% anual no control sanitario das zonas de augas de baño

Balidea presentou hoxe os resultados do proxecto de I+D+i Sabius, xunto aos seus socios colaboradores Indrops, Proyfe, CYE Control y Estudios e o Instituto Tecnológico de Galicia. O seu obxectivo era o desenvolvemento dun sistema avanzado de baixo custo e fácil manexo baseado en nano-biosensores para a xestión da seguridade das augas de baño.

ler máis

Balidea colabora por terceiro ano consecutivo co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña

Balidea mantén unha colaboración continua co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña. Por terceiro ano consecutivo responsables da empresa guiarán ao alumnado no desenvolvemento dun proxecto práctico de innovación empresarial.

ler máis

O Obradoiro CAB ficha a ADESTRapp

A familia deportiva de ADESTRapp crece. O club de baloncesto Obradoiro apostou polo uso desta tecnoloxía desenvolvida por Balidea e esta temporada conta con dúas cámaras, unha para o primeiro equipo e outra para a canteira.

ler máis

Balidea celebra o 15.º aniversario

Balidea festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector TIC galego. O encontro, realizado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da sede compostelá e das oficinas de Bilbao, A Coruña, Ourense e Vigo.

ler máis

O informe Ardán sitúa Balidea como empresa xeradora de riqueza

Balidea aparece por primeira vez como empresa xeradora de riqueza no informe Ardán, o documento de referencia para coñecer o estado do tecido empresarial galego. A nosa empresa tecnolóxica recibe esta distinción xunto con outras 246 firmas das 18.235 rexistradas na comunidade. Entre os méritos para obter este indicador están o bo comportamento dos resultados económicos e a redución do custo dos recursos.

ler máis

O proxecto UnderstAID de Balidea, premiado na XXII Noite Galega das Telecomunicacións

O director xeral de Balidea Consulting & Programming, Lorenzo Rodríguez, recolleu o galardón ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais que lle concederon á plataforma asistencial UnderstAID o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa Amtega.

ler máis

TOURAL, tecnoloxías móbiles innovadoras para grandes eventos culturais

O consorcio do proxecto TOURAL (siglas para Tecnoloxías Orientadas á Ubicación, Realidade Aumentada e Lincaxe para feiras, recintos e eventos culturais), integrado polas empresas Balidea, Nordesía Produccións e Situm Technologies, presentou esta mañá as principais características desta iniciativa, que ten como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan, usando aplicacións para dispositivos móbiles, a i

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - I + D + I