Balidea participa nun proxecto europeo do programa AAL-JP que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha plataforma que preste asistencia ás persoas coidadoras informais de doentes con demencias (expte: AAL-010000-2013-16).
A súa finalidade é facilitar a vida destas persoas coidadoras informais mediante o desenvolvemento dunha plataforma TIC educativa e de apoio, personalizada e centrada nas súas necesidades actuais e de situacións futuras. Esta ferramenta axudarálles a manexar o día a día mellorando os coidados e evitando o estrés que provoca a convivencia diaria coa enfermidade.
O proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, xunto coa Comisión Europea, e executado en consorcio, polas seguintes empresas:
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde