Periodo: Xullo 2022 – Xuño 2025
Orzamento:
Orzamenti total do proxecto: 7.284.256,10€
Orzamento Balidea: 512.864,10€
Socios e colaboradores:
RELOAD forma parte do proxecto tractor Future: Fast Forward (F3), no marco do PERTE de Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), e está liderado pola compañía ENSO. No consorcio, xunto a Balidea, participan tamén as empresas SEAT, S.A., Técnicas Reunidas e Asai Industrial, e os organismos de investigación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM); a Universidade de Zaragoza e o Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas (CENIM) da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Obxectivo xeral do proxecto:
O proxecto RELOAD ten como obxectivo xeral contribuír dunha maneira eficiente e segura á subministración de metais de alto valor na cadea de valor industrial do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), reducindo a dependencia de importacións e impulsando un modelo industrial sostible, circular e con menor pegada ambiental.
Para iso investigaranse diferentes tecnoloxías de reciclaxe, ecodiseño e industria 4.0 para recuperar metais de alto valor presentes en compoñentes electrónicos, baterías de ión-litio e motores eléctricos ao final da vida útil do VEC, de tal forma que se poidan volver incorporar á cadea de valor establecendo un modelo circular.
A modo esquemático este modelo funcionaría así:
Fin de vida → compoñentes electrónicos con alto valor → desensamblaxe automático → tecnoloxías eficientes e sostibles de reciclado → metais de alto valor económico → trazabilidade dos metais ata novos produtos → modelos de Ecodeseño dos VEC → fabricación → posta en mercado
O papel de Balidea:
Balidea participará no obxectivo específico de integrar o uso de tecnoloxías dixitais como ferramentas facilitadoras para o impulso de procesos de reciclaxe, mediante a investigación de tecnoloxías que garantan a rastrexabilidade de metais impulsando a economía circular.
Para iso realizará o deseño dun prototipo dixital baseado en tecnoloxía BlockChain que garanta a rastrexabilidade dos metais en toda a cadea de valor, desde a fabricación de compoñentes, uso destes compoñentes, recuperación e reutilización dos metais para garantir a sustentabilidade dos mesmos e a eficiencia no uso dos recursos.
Ao mesmo tempo levará a cabo unha investigación para a creación dun modelo funcional e preditivo baseado en Intelixencia Artificial (IA), que permita predicir a dispoñibilidade e a demanda de produtos/metais recuperados de interese para o sector automobilístico español e, por tanto, axude a planificar o seu aproveitamento óptimo.
Tamén se definirán novas métricas e indicadores de circularidade en base a unha profunda revisión da Normativa europea e española relativa a compoñentes electrónicos e baterías, e levará a cabo unha investigación para deseñar un modelo ou mapa dixital dinámico de circulación de metais co fin de facilitar o seu uso, recuperación e reutilización en tres casos de uso: baterías, motor eléctrico e compoñentes electrónicos.
Por último, deseñarase, en colaboración con SEAT, un pasaporte dixital europeo de baterías de vehículos eléctricos.
Apoios recibidos:
Este proxecto foi financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, grazas ao programa NextGenerationEU, o paquete de medidas de recuperación económica de COVID-19 para os Estados membros da UE.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i