Proxecto Piloto de Smart Cardia

Título do proxecto: Piloto Smart Cardia

Convocatoria: Convocatoria 2020 sobre desenvolvemento tecnolóxico baseado en Intelixencia Artificial e outras tecnoloxías habilitadoras dixitais, C007/20-ED.

Antecedentes do proxecto: A través do programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación (GAIN)  Balidea recibiu apoio público para o desenvolvemento experimental da Plataforma Smart Cardia. Trátase dunha plataforma que lles facilita aos profesionais sanitarios a xestión do proceso de rehabilitación cardíaca, integrando compoñentes intelixentes e preditivos e interfaces gráficas usables, e lles asegure que os pacientes reciban unha atención de calidade conforme ás evidencias da medicina científica e non sufran erros médicos.

O proxecto comezou en xuño 2018 e terminou en decembro 2020, alcanzando un TRL6 xa que a solución foi validada nunha contorna relevante.

Proxecto subvencionado por RED.ES:

O obxectivo da actuación apoiada por Red.es é evolucionar o prototipo Smart Cardia e levar a cabo unha validación nunha contorna real. Trátase de evolucionar a TRL 7 e 8 e chegar a un prototipo comercializable.

Principais avances en 2021: durante o ano 2021  Balidea colaborou coa Fundación IDIS e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) na evolución do prototipo Smart Cardia.

  • Leváronse a cabo evolucións da solución que ofrecen unha maior flexibilidade para adaptar a operativa de Smart Cardia ás particularidades de cada servizo de cardioloxía.
  • Modificouse a arquitectura de Smart Cardia de cara a unha paquetización que facilite o seu despregamento en cliente e a integración con outras solucións de software utilizando protocolos  HL7.
  • Securizouse e evolucionouse para unha xestión óptima das implicacións de RGPD.
  • Levouse a cabo unha refactorización do motor de fluxos.
  • Melloráronse os algoritmos de asignación intelixente de pacientes (IA).
  • Mellorouse o sistema de xeración de informes (GLN. Data2 Text).

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

RISING

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Avellentamento activo

NETA V3A

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Saúde pública, Sistemas, Avellentamento activo