Proxecto Abalar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria confioulle a Balidea o servizo de instalación, configuración e posta en marcha, a nivel de usuario, do equipamento tecnolóxico incluído no proxecto Abalar, con destino a preto de 600 aulas en máis de 200 centros educativos de toda Galicia.

No marco da prestación deste servizo, un equipo técnico de profesionais con experiencia na instalación deste tipo de equipamentos responsabilizous de poñer en funcionamento ordenadores ultra-portátiles, portátiles, encerados dixitais, así como proxectores para o uso de docentes e alumnado. O proxecto, con máis de 30 profesionais empregados para axilizar o proceso de canalización e cableado, requiriu dun notable esforzo de coordinación entre o persoal de dirección dos centros, a Consellería, os provedores do equipamento e Balidea.

Abalar é unha das accións estratéxicas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia. Coa súa participación neste proxecto, Balidea dálla continuidade a unha nova liña de traballo coa prestación de servizos de instalación avanzada de dispositivos e equipos TIC para a Administración galega.

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

Escolas na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Educación, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing