Este proxecto, coordinado por Balidea, xunto con outras empresas do sector TIC como Emergency Security and Logístic Control (SATDATA) e Softgasa Informática, actúa como tractor da innovación no sector calzado. Nel participan firmas de gran tradición e peso: Codeor, Curgal, Losal e unha firma especializada no sector farmacéutico- sanitario, Laboratorios Iberpos.
As tecnoloxías son o alicerce fundamental deste proxecto, que pretende promover o emprego das TICs nos ámbitos produtivos, apostando de xeito firme pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico como base para propiciar a sustentabilidade do sector e a calidade do produto. En particular busca contribuír ao deseño de calzado acorde coas persoas con necesidades especiais e que por problemas podolóxicos non poden acudir á oferta dispoñible no mercado.
Entre as tecnoloxías aplicadas destacan todas aquelas relacionadas coa mellora técnica na fabricación do produto, procurando a calidade sanitaria do calzado, ao mesmo tempo que se desenvolven plataformas de comunicación e distintas aplicacións, automatizando todo o proceso produtivo dende a prescrición e deseño ata o produto final.
O proxecto está cofinanciado dentro do programa FEDER-INNTERCONECTA polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Economía e Competitividade, polo Fondo Tecnolóxico e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, e a Axencia Galega de Innovación.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade
Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte
Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint
Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte