O Obradoiro CAB ficha a ADESTRapp

O Obradoiro CAB ficha a ADESTRapp

A familia deportiva de ADESTRapp crece. O club de baloncesto Obradoiro apostou polo uso desta tecnoloxía desenvolvida por Balidea e esta temporada conta con dúas cámaras, unha para o primeiro equipo e outra para a canteira.

O asistente do Monbus Obradoiro, Dan Petts, valorou positivamente esta ferramenta, “moi interesante para analizar detalles moi concretos, tanto técnicos como tácticos, durante os partidos ou adestramentos. A cámara está colocada nun ángulo con visibilidade e, a través dunha tableta, podemos extraer o que necesitemos ao momento”.

O sistema de ADESTRapp grava como adestran ou como compiten e permítelles analizar instantaneamente as imaxes para a toma de decisións en tempo real. Petts destacou as súas vantaxes en ambos os dous casos: “É moi útil, por exemplo, para os partidos. A través deste sistema podes mostrarlle ao xogador ou ao adestrador o que sexa para poder realizar calquera axuste durante o partido. Nos adestramentos utilizámolo para observar detalles técnicos, por exemplo, como fai un xogador un xesto, para poder corrixilo ao momento mostrándollo”. 

Comparte este post: