Título do proxecto: Piloto Smart Cardia
Convocatoria: Convocatoria 2020 sobre desenvolvemento tecnolóxico baseado en Intelixencia Artificial e outras tecnoloxías habilitadoras dixitais, C007/20-ED.
Antecedentes do proxecto: A través do programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Balidea recibiu apoio público para o desenvolvemento experimental da Plataforma Smart Cardia. Trátase dunha plataforma que lles facilita aos profesionais sanitarios a xestión do proceso de rehabilitación cardíaca, integrando compoñentes intelixentes e preditivos e interfaces gráficas usables, e lles asegure que os pacientes reciban unha atención de calidade conforme ás evidencias da medicina científica e non sufran erros médicos.
O proxecto comezou en xuño 2018 e terminou en decembro 2020, alcanzando un TRL6 xa que a solución foi validada nunha contorna relevante.
Proxecto subvencionado por RED.ES:
O obxectivo da actuación apoiada por Red.es é evolucionar o prototipo Smart Cardia e levar a cabo unha validación nunha contorna real. Trátase de evolucionar a TRL 7 e 8 e chegar a un prototipo comercializable.
Principais avances en 2021: durante o ano 2021 Balidea colaborou coa Fundación IDIS e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) na evolución do prototipo Smart Cardia.
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde
Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde