ADESTRA-TRAFFIC

O proxecto  ADESTRA-TRAFFIC ( Exp. TSI-100107-2017-16) ten como obxectivo a aplicación de tecnoloxías de visión artificial e de captación, procesado e xestión de vídeos para construír sistemas que faciliten e fomenten contornas de mobilidade urbana sustentable e segura.

As cámaras de vídeo fixéronse presentes na nosa vida cotiá de forma natural. A gravación de vídeo converteuse nun medio económico de adquirir gran cantidade de información, e cobra especial relevancia no ámbito do tráfico e a seguridade viaria.

Agora ben, normalmente a presenza dunha  videocámara non evita a necesidade dunha persoa  visionando imaxes e tomando decisións. ADESTRA- TRAFFIC ten por obxectivo superar eses inconvenientes, de forma que a análise das imaxes de forma autónoma permita xerar determinadas alertas para, nuns casos, evitar situacións de risco e, noutros, mellorar a seguridade da circulación de vehículos e a súa interacción cos peóns.

As distintas variables do mesmo atópanse relacionadas unhas con outras, de forma que a combinación delas dará lugar a un sistema por unha banda xerador de información e por outra subministrador da mesma conectado a tres niveles:

  • -Titular da vía
  • -Corpo de seguridade competente na vixilancia da vía
  • -Usuarios da infraestrutura

 

O sistema final dispoñerá de 4 módulos diferenciados, sendo produtos interconectados pero despregables de maneira unitaria, para adaptarse ás necesidades dos potenciais clientes. Son os seguintes:

  • -SDCSC: Sistema Detección Condución Sentido Contraria
  • -SAGT: Sistema Automatización Xestión do Tráfico
  • -SIVPP: Sistema Identificación de Vehículos Potencialmente Perigosos
  • -SACTR: Sistema Análise de Circulación en Tempo Real

 

O alcance do proxecto inclúe:

  • -A consultoría e análise dos módulos anteriormente indicados
  • -O desenvolvemento hardware dos dispositivos daqueles módulos que requiran de produto físico anexo ao despregamento do módulo
  • -O desenvolvemento software dos 4 sistemas, tanto das aplicacións de  Backend, como  APPs, como as capas de integración necesarias
  • -A validación e pilotaxe en contornas reais de cada un dos módulos abordados
  • -O seguimento e control de calidade necesario ao longo do todo o proxecto

 

O proxecto conta para o seu desenvolvemento cunha axuda por parte do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco da convocatoria Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital (subprograma Impulso Tecnolóxico) do ano 2017.  O plan de proxecto contempla o seu desenvolvemento do 1 de setembro de 2017 ao 31 de decembro de 2018.

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes

ProtGal

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, I+D+i, LAMP, Portal web, Saúde

Escolas na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Educación, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing

Understaid

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Fides

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Saúde pública, Soporte

Bedrebolig

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Eficiencia enerxética, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web

Sede Electrónica de la USC

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Intranet, Java, Outsourcing, Portal web, Sistemas

SEMAGA. Proxecto de xestión de trazabilidade nos matadoiros.

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, Saúde

Proxecto SIGIC: Solución Intelixente de Xestión Integral de Crónicos

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

Sistema de xestión da calidade na nube

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Internacional, Intranet, Sistemas

Sistema de información en tempo real a familiares de pacientes que acoden a urxencias: ACOMPAÑA

Avellentamento activo, Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Saúde

Deseño e desenvolvemento dunha rede interactiva de puntos de recarga do vehículo eléctrico

Consultoría, Desenvolvemento, Eficiencia enerxética, I+D+i, Java, Mobilidade

Lidera o teu futuro - Portal Muller

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, LAMP, Portal web, Saúde

Fisiorob

Consultoría, I+D+i, Mobilidade, Saúde

SmartED: Sistema intelixente de xestión de urxencias hospitalarias

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

UNITAR Instituto das Nacións Unidas para a Formación e a Investigación

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Internacional, LAMP, Outsourcing, Portal web, Soporte

SIGUE

Consultoría, Desenvolvemento, Xestión, I+D+i, Interiores, Mobilidade, Outsourcing, Saúde

EFCA Desenvolvemento de  Software e mantemento de aplicacións corporativas

Consultoría, Desenvolvemento, Drupal, Xestión, Internacional, Java, LAMP, Outsourcing, Portal web, SharePoint

Servizo de soporte, mantemento e despregamento dos diferentes portais web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde

Consultoría, Desenvolvemento, Intranet, Portal web, Saúde, Saúde pública, SharePoint, Soporte

ADESTRapp

Consultoría, Desenvolvemento, Internacional, I+D+i