TOURAL

TOURAL: tecnoloxías orientadas á ubicación, realidade aumentada e lincaxe para feiras, recintos e eventos culturais

Orzamento: 669.617,50 €. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 334.808,76 €.

Convocatoria: CONECTA PEME 2016 (Procedemento IN852A)

Socios: Balidea Consulting & Programming (líder do consorcio) Nordesía Produccións S.L. e Situm Technologies S.L.

Centro de investigación asociado: Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG)

Descrición: o obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan, usando aplicacións para dispositivos móbiles, a interacción total entre profesionais que asistan a feiras, congresos e eventos. Esta interacción permitirá poñer en contacto os asistentes tanto entre si como cos organizadores dos eventos. Así mesmo, tamén permitirá o guiado e a localización dos asistentes dentro e fóra do recinto onde se celebra a feira. As ferramentas complementaranse con visitas aos stands mediante o uso de tecnoloxías de realidade aumentada.

Ao longo da anualidade 2018 finalizáronse os desenvolvementos do proxecto e realizouse a validación e avaliación de resultados, a partir das probas piloto realizadas no festival Feito a Man celebrado na zona vella de Santiago de Compostela no mes de agosto e no festival internacional Cantos na Maré, celebrado en Pontevedra en outubro. Completouse deste xeito o alcance planificado e acadáronse os obxectivos expostos ao seu inicio.
 

Proxecto cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

 

Compartir: