Monbus Obradoiro presenta en Balidea á súa nova fichaxe Kassius Robertson

Monbus Obradoiro presenta en Balidea á súa nova fichaxe Kassius Robertson

O Monbus Obradoiro continúa presentando ante os medios as novas caras do equipo. Este xoves foi a quenda do escolta Kassius Robertson, e a súa presentación celebrouse nas oficinas centrais de Balidea.

O director de Desarrollo de Negocio, José Ángel Abeal, encargouse de abrir a presentación agradecendo a confianza ao clube: “Para nós é un pracer colaborar un ano máis co Monbus Obradoiro, poñendo á súa disposición a nosa tecnoloxía a través de Adestrapp e patrocinando e apoiando as categorías de base”.

Pola súa parte, o director xeral do clube, José Luis Mateo, recolleu este agradecemento facendo fincapé na boa sintonía existente entre a compañía tecnolóxica y o clube, pois a súa relación remóntase a 2017.

O escolta canadiense, de 1,91 metros e 26 anos, fichou por unha tempada.