Salud

Balidea presenta os proxectos UnderstAID e Rising no Foro de Transformación Dixital promovido polo clúster TIC do País Vasco

Balidea participa no Foro TransDi (Transformación Dixital) promovido polo Sector ICTA-GAIA (Asociación das Industrias TIC e do Coñecemento e Tecnoloxía Aplicada) do País Vasco, como empresa socia deste clúster. O evento é un punto de encontro entre empresas que busca identificar oportunidades de colaboración a través da análise de casos de éxito, a transferencia do coñecemento, as tecnoloxías aplicadas no mercado e a posta en común de necesidades e oportunidades de negocio.

ler máis

Balidea colabora co Máster de Xestión Sanitaria e Hospitalaria da IFFE Business School

Balidea mantén unha colaboración co Máster de Xestión Sanitaria e Hospitalaria da IFFE Business School, a través da cal impartiu unha sesión sobre a aplicación das TIC na saúde. O obxectivo desta intervención foi mostrarlle ao alumnado os diferentes proxectos e iniciativas da empresa relacionados co ámbito sanitario, no que contamos con quince anos de experiencia e no que nos últimos anos desenvolvemos varias liñas de traballo.

ler máis

Presentamos RECUPERA, un sistema que incluirá robótica para a rehabilitación de pacientes con dano cerebral

O consorcio de empresas que integramos o proxecto RECUPERA presentamos esta semana a iniciativa no Hospital Povisa. O seu principal obxectivo é o desenvolvemento dun robot para a súa aplicación clínica en procesos rehabilitación de pacientes con dano cerebral provocado, por exemplo, por un ictus ou un accidente cerebrovascular. Así mesmo prevé a súa integración cun sistema de realidade virtual inmersiva, que lle permita ao usuario situarse en escenarios cotiáns, como a cociña e o baño, para tentar realizar virtualmente actividades concretas da vida diaria.

ler máis

PREBENCAR e RISING, dous novos proxectos TIC pensados para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas cardiovasculares e con deterioro cognitivo

Os consorcios dos proxectos PREBENCAR e RISING, integrados polas empresas Balidea e Imagames o primeiro e Balidea, FrutoDS e Atendo o segundo, xunto coa Fundación Ramón Domínguez, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) e o  Istituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) presentaron esta mañá no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela os obxectivos destas dúas iniciativas.

ler máis

A plataforma de comunicación en tempo real do Sergas, desenvolvida por Balidea, peza clave do programa de Tele-ictus

29 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO ICTUS

O novo Plan Ictus da Consellería de Sanidade, baseado na teleasistencia, ten como ferramenta clave a plataforma tecnolóxica de comunicación en tempo real do Servizo Galego de Saúde (Sergas), desenvolvida por Balidea.

ler máis

Balidea desenvolve unha plataforma de aprendizaxe adaptativo para coidadores de persoas con demencia no marco dun proxecto europeo

  • Trátase dunha ferramenta de cloud-learning capaz de personalizar contidos
  • Levouse a cabo con financiamento do programa europeo AAL (Active and Assisted Living)

 

ler máis

Balidea mellora o xestor de citas do Servizo Cántabro de Saúde

Balidea vén encargándose dende o ano 2013 do soporte, mantemento e evolución do Xestor de Citas Corporativo do Servizo Cántabro de Saúde (SCS). Esta aplicación intégrase con todos os sistemas corporativos do SCS, permitindo unha xestión centralizada da información, cun volume de máis de 2,5 millóns de citas anuais. Balidea leva así á práctica o seu coñecemento e especialización no desenvolvemento de sistemas para o ámbito sanitario, no que ten máis de dez anos de experiencia.

ler máis

O fito final dun grande proxecto

O pasado 9 e 10 de febreiro, BALIDEA Consulting & Programming participou na última reunión do Proxecto UnderstAID (www.understaid.com) en Aarhus (Dinamarca). Desde BALIDEA queremos agradecemos moito a VIA University College @via por esta grande organización!

ler máis

BALIDEA colabora co Programa "Xuntos somos capaces", da Fundación MAPFRE que promove a integración de mozos e mozas con discapacidade

BALIDEA formará parte do Programa 'Xuntos somos capaces' que a Fundación MAPFRE desenvolverá na localidade de Lugo. Esta iniciativa na que tamén colaboran as empresas CLECE, CALFENSA, LACERA e URBASER promoverá ao longo de 2015 a formación ocupaciónal e a inserción laboral de 16 mozos e mozas con enfermidade mental do Concello de Lugo.

Este programa conta coa colaboración e o apoio do Concello de Lugo e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia).

ler máis

BALIDEA participou na reunión do consorcio do Proxecto UnderstAID en Barcelona

  • O Proxecto UnderstAID  está cofinanciado polo programa AAL (Ambiented Assited Living) da Unión Europea
  • Na reunión participaron distintos colaboradores do proxecto procedentes de Dinamarca, Polonia e España.
ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Salud