Salud

Novos avances en Smart Cardia, a plataforma tecnolóxica que facilitará a xestión da rehabilitación cardíaca tras un infarto

Presentamos no Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) os avances realizados durante o 2019 no proxecto Smart Cardia, que propón unha plataforma intelixente para a xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaca no caso de pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio.

ler máis

Robótica amigable para a vida cotiá das persoas adultas maiores

Esta mañá presentáronse no Espazo+60 de Afundación os avances do proxecto NETA V3A, que propón a robótica amigable como apoio para o envellecemento activo e o empoderamento das persoas adultas maiores. Os seus impulsores afrontaron ao longo de 2019 a definición conceptual do robot, concretamente o seu deseño visual e morfolóxico; as interfaces software e os módulos de interacción por voz que permitirán aos usuarios acceder ás distintas funcionalidades tanto en castelán como en galego.

ler máis

Balidea presenta en Holanda o seu asistente virtual para o avellentamento activo, NETA V3A, da man do Clúster Saúde de Galicia

Balidea participa esta semana na misión directa aos Países Baixos, LexSaúdeHolanda, organizada polo Clúster Saúde de Galicia (CSG) dentro do proxecto CodigoMais. Faino como empresa experta na achega de solucións innovadores para a saúde e a asistencia social. A viaxe está especialmente centrada nas solucións para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, un ámbito no que Balidea ten unha gran experiencia.

ler máis

Balidea encargarase do mantemento e evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde

Balidea logrou renovar o contrato para o mantemento e evolución das aplicacións do Servicio Cántabro de Saúde, asociadas aos seus sistemas de historia clínica electrónica e atención hospitalaria. Para esta licitación concorreu en UTE con outras dúas empresas do sector TIC con gran experiencia no ámbito sanitario:  Horus Ingeniería e GTI Santander. O contrato ten unha duración de dous anos coa posibilidade de renovación por outros dous.

ler máis

Rising e NETA V3A, dúas iniciativas innovadoras para o empoderamento das persoas maiores a través da intelixencia artificial e a robótica social

Presentamos no CITEXVI os resultados do proxecto Rising e os obxectivos do proxecto NETA V3A, ambos iniciativas innovadoras pensadas para achegar solucións tecnolóxicas de apoio para as persoas maiores a través da intelixencia artificial e a robótica social, que desenvolvemos en colaboración coas empresas AtendoFruto DS e Ledisson AIT, e

ler máis

Prebencar e Smart Cardia, innovación tecnolóxica para a promoción da saúde cardiovascular aplicable en prevención e rehabilitación cardíaca

Balidea vén de presentar no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) os resultados do proxecto de I+D+i Prebencar, que acaba de rematar, e os obxectivos de Smart Cardia, iniciado recentemente como continuación do primeiro. Ambos os dous están dirixidos á promoción da saúde cardiovascular, Prebencar centrado na prevención e Smarta Cardia no proceso de rehabilitación cardíaca.

ler máis

Balidea consegue a concesión de tres axudas do programa Conecta Peme 2018 para proxectos innovadores

Balidea vén de conseguir a concesión de tres axudas do programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que busca fomentar a cooperación entre empresas e os demais axentes do Sistema Galego de I+D+i para a realización de proxectos innovadores en áreas estratéxicas para Galicia. En particular, Balidea logrou dous proxectos da área de saúde-TIC e un de medio ambiente.

ler máis

Sabius, un aforro próximo ao 40% anual no control sanitario das zonas de augas de baño

Balidea presentou hoxe os resultados do proxecto de I+D+i Sabius, xunto aos seus socios colaboradores Indrops, Proyfe, CYE Control y Estudios e o Instituto Tecnológico de Galicia. O seu obxectivo era o desenvolvemento dun sistema avanzado de baixo custo e fácil manexo baseado en nano-biosensores para a xestión da seguridade das augas de baño.

ler máis

Balidea participa en Inforsalud 2018 cos seus proxectos para o Servizo Cántabro de Saúde

Balidea participa no  XXI Congreso Nacional de Informática da Saúde, Inforsalud 2018, que se celebra esta semana, entre o 13 e o 15 de marzo, en Madrid.

ler máis

Balidea presenta os proxectos UnderstAID e Rising no Foro de Transformación Dixital promovido polo clúster TIC do País Vasco

Balidea participa no Foro TransDi (Transformación Dixital) promovido polo Sector ICTA-GAIA (Asociación das Industrias TIC e do Coñecemento e Tecnoloxía Aplicada) do País Vasco, como empresa socia deste clúster. O evento é un punto de encontro entre empresas que busca identificar oportunidades de colaboración a través da análise de casos de éxito, a transferencia do coñecemento, as tecnoloxías aplicadas no mercado e a posta en común de necesidades e oportunidades de negocio.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Salud