RSC

Balidea desenvolve o novo portal web da Festa da Istoria

Balidea mantén a súa colaboración coa Festa da Istoria, a recreación medieval máis lonxeva de Galicia, para a que nesta edición desenvolveu o seu novo portal web. Trátase dun sitio moi visual, versátil e accesible, pensado especialmente para achegarlle ás persoas asistentes toda a información relevante sobre o evento.

ler máis

Balidea súmase á formación dual

Balidea vén de sumarse á formación dual como empresa colaboradora do novo Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, que se levará a cabo no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. Esta semana abriuse o prazo de entrega de solicitude de admisións, con límite ata o 2 de xullo. Trátase dunha boa oportunidade para formarse e traballar ao mesmo tempo e coñecer de primeira man as demandas profesionais do sector das TIC.

ler máis

Balidea patrocina a sétima edición do clínic de baloncesto do Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro e  Balidea presentaron o VII Clínic Balidea “Desmontando o adestrador axudante”, que se celebrará os días 27 e 28 de xullo no pavillón de Fontiñas, co patrocinio da nosa empresa. 

ler máis

Balidea colabora co Banco de Alimentos impulsando unha recollida solidaria nas súas delegacións

Balidea vén de impulsar unha campaña solidaria de recollida de alimentos entre todos os traballadores e traballadoras das súas diferentes delegacións. Con esta acción conseguiuse reunir un total de 285 quilos de produtos de primeira necesidade. A esta recaudación, Balidea suma unha doazón económica de 2 euros por cada quilo aportado pola plantilla, é dicir, un total de 570 euros.

ler máis

Balidea celebra o 15.º aniversario

Balidea festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector TIC galego. O encontro, realizado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da sede compostelá e das oficinas de Bilbao, A Coruña, Ourense e Vigo.

ler máis

Xornada estival de fútbol praia para estimular a saúde de nenos e nenas de Chernóbil

Balidea patrocina unha xornada de convivencia cos nenos e nenas de Chernóbil que están pasando o verán en Galicia grazas ao programa de acollida promovido pola Asociación Ledicia Cativa. A xornada terá lugar este sábado 30 de xullo na praia de Sabón (Arteixo), dentro das actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Praia RA10, impulsada por Ramiro Amarelle, un dos xogadores desta disciplina máis laureados a nivel mundial.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - RSC