Profesional

Balidea consegue a certificación ENS polo seu compromiso coa seguridade e privacidade de datos

Obtivemos a certificación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) de AENOR para os nosos sistemas de información que brindan soporte aos servizos informáticos para a xestión empresarial e a Administración Pública, así como soporte técnico para software e sistemas operativos.

ler máis

Balidea participa na proposta “Future: Fast Forward” de impulso do vehículo eléctrico co desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a integración de procesos de reciclaxe

  • “Future: Fast Forward” é un proxecto de país apoiado por unha agrupación de 62 empresas, lideradas polo Grupo Volkswagen e SEAT S.A.
  • A proposta foi rexistrada ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) coa ambición de converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa.
  • Balidea participa dentro do proxecto primario RELOAD, que ten como obxectivo contribuír á subministración de metais de alto valor na cadea industrial do VEC, impulsando un modelo sostible baseado na economía circular. 
ler máis

Balidea renova a súa avaliación CMMI 3 para a súa unidade de Desenvolvemento e Produción TIC

A unidade de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea vén de renovar por 3 anos a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI® polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integration), que analiza os procesos dentro dunha organización. A avaliación realizouna a compañía asociaciada Gesein S.L.

ler máis

Seis consellos de ciberseguridade para empresas

Con motivo do Día Internacional da Seguridade da Información (DISI), que se celebra o 30 de novembro, a compañeira de Balidea e experta na materia Belén Pérez, destaca unha serie de consellos para empresas co fin de evitar os ciberataques.

ler máis

O informe Ardán sitúa Balidea como empresa xeradora de riqueza

Balidea aparece por primeira vez como empresa xeradora de riqueza no informe Ardán, o documento de referencia para coñecer o estado do tecido empresarial galego. A nosa empresa tecnolóxica recibe esta distinción xunto con outras 246 firmas das 18.235 rexistradas na comunidade. Entre os méritos para obter este indicador están o bo comportamento dos resultados económicos e a redución do custo dos recursos.

ler máis

Balidea asiste á asemblea anual do Clúster GAIA na que se formalizou a súa integración co Clúster AVIC para impulsar a transformación dixital en Euskadi

Balidea participou como socia na asemblea anual de GAIA, o Clúster Vasco de Electrónica, Informática e Telecomunicacións, celebrada en Bilbao o pasado 9 de xuño e na que se referendou a decisión de integración con AVIC (Asociación Vasca de Empresas de Enxeñería e Consultoría).

ler máis

Balidea entra a formar parte de GAIA, o Clúster TEIC de Euskadi, a través da súa sede en Bilbao

Balidea entrou recentemente a formar parte de GAIA, a Asociación de Industrias das Tecnoloxías Electrónicas e da Información do País Vasco. Formará parte do comité de traballo de Sistemas da Información de GAIA, co obxectivo de impulsar sinerxías e oportunidades de cooperación con outras empresas, participando en iniciativas concretas para a posta en marcha de proxectos de innovación ou para a asistencia a novos mercados de forma conxunta.

ler máis

Balidea consegue o certificado de madurez de capacidades CMMI3

Balidea foi certificada co nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integration), que avalía os procesos dentro dunha organización.

CMMI é un modelo de evolución da capacidade que lle proporciona ás organizacións os elementos esenciais para a efectividade dos seus procedementos e, en última instancia, unha mellora do seu rendemento.

ler máis

Balidea colabora co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade da Coruña

BALIDEA está a colaborar co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación, organizado pola Universidade da Coruña e dirixido por Jose Manuel Barreiro e Andrés Faíña da Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea. Este posgrao inclúe a realización de prácticas en empresas innovadoras como BALIDEA, recoñecida como Peme Innovadora polo Ministerio de Economía e Competitividade.

ler máis

'El día después' resalta o uso de ADESTRapp na súa crónica deportiva

O R.C. Deportivo da Coruña aposta pola tecnoloxía e o seu corpo técnico leva tempo usando ADESTRApp para mellorar os resultados, corrixir posicións e ver de novo as xogadas pasados uns segundos.

O uso desta ferramenta non pasa desapercibida para os medios deportivos e, nesta ocasión, é o programa de Canal + 'El día después' o que menciona a innovadora tecnoloxía na súa crónica deportiva do partido Dépor-Málaga, no que o equipo galego conseguiu un empate, despues dunha non moi boa tempada.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Profesional