Patrocinios

Recibimos ao Balidea Obradoiro tras revalidar o título de Campión Galego

Este martes 21 de xuño recibimos na nosa sede central de Santiago de Compostela ao  Balidea Obradoiro, de novo campión galego na categoría cadete. O equipo da canteira do Monbus Obradoiro realizou un papel inmellorable nesta tempada, do que sentimos un grande orgullo como patrocinadores. Así o remarcou o director das categorías base, Camilo Riveiro: “O equipo traballou moito. Empezamos a un nivel e fomos subindo, cumprindo obxectivos e crecendo. O traballo foi moi bo”.

ler máis

Balidea patrocina ao campión galego júnior de tenis

Fieis á nosa responsabilidade social corporativa,  en Balidea continuamos mostrando o noso apoio ao deporte local patrocinando á promesa do tenis galego, Saúl  Berdullas, que acaba de proclamarse campión autonómico júnior.

ler máis

Renovamos o noso convenio de colaboración co Monbus Obradoiro

Esta mañá comunicamos en rolda de prensa a ampliación do compromiso que mantemos co Monbus Obradoiro, como membro do Club de Empresas Obradoiro e como patrocinador do seu equipo cadete. Así o anunciou o noso director de Desenvolvemento de Negocio, José Ángel Abeal, que recibiu na nosa sede central en Santiago ao adestrador, Moncho Fernández, e ao director de márketing, Daniel Agra.

ler máis

Monbus Obradoiro presenta en Balidea á súa nova fichaxe Kassius Robertson

O Monbus Obradoiro continúa presentando ante os medios as novas caras do equipo. Este xoves foi a quenda do escolta Kassius Robertson, e a súa presentación celebrouse nas oficinas centrais de Balidea.

ler máis

Balidea colabora con Cruz Vermella a través do patrocinio do Congreso de Seguridade Informática c0r0n4con

Balidea xa é patrocinador do c0r0n4c0n, o Congreso de Seguridade Informática, que ten como lema “Isto parámolo hackeando” e que destinará todos os fondos recadados ao Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19.

Esta convocatoria desenvolverase integramente online entre os días 9 e 12 de abril e foi organizada en tempo exprés pola comunidade hacker de España. Propón unha serie de charlas e talleres técnicos, así como eventos en streaming totalmente en aberto impartidos e organizados por expertos en ciberseguridade.

ler máis

Balidea desenvolve o novo portal web da Festa da Istoria

Balidea mantén a súa colaboración coa Festa da Istoria, a recreación medieval máis lonxeva de Galicia, para a que nesta edición desenvolveu o seu novo portal web. Trátase dun sitio moi visual, versátil e accesible, pensado especialmente para achegarlle ás persoas asistentes toda a información relevante sobre o evento.

ler máis

Balidea volve patrocinar unha conferencia no II Congreso de Dirección de Proxectos #SilverBullet18

Por segundo ano, Balidea volve ser un dos patrocinadores do II Congreso de Dirección de Proxectos #SilverBullet18, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (Cpetig) e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Nesta segunda edición, o seu patrocinio recae sobre a conferencia de Santiago Vázquez “Existen os equipos felices en TI?”.

ler máis

Balidea, presente un ano máis na Drupal Camp

Chega a Drupal Camp 2018, referente nacional para a comunidade de  drupaleiros e  drupaleiras. Alacante é a cidade elixida para organizar unha nova edición deste evento que conta, un ano máis, co patrocinio de Balidea. A cita será no centro cultural Las Cigarreras, o sábado 26 e domingo 27 de maio.

Esta edición está pensada para que os profesionais do sector interesados en Drupal afonden neste tipo de sistema de xestión de contidos e coñezan as principais novidades tecnolóxicas a través de conferencias e talleres prácticos.

ler máis

Balidea patrocina o primeiro evento Hack&Beers en Vigo

O vindeiro venres 7 de xullo terá lugar en Vigo o primeiro evento Hack&Beers organizado nesta cidade, grazas á colaboración da nosa compañeira Belén Pérez Rodríguez e ao patrocinio de Balidea, Gradiant e Sophos, que convidarán ás persoas asistentes a tres rondas de cervexa. 

ler máis

Balidea patrocina a conferencia de Carlos González Jardón no I Congreso de Xestión de Proxectos de Software #SilverBullet17

Balidea patrocina a conferencia que o consultor TI Carlos González Jardón impartirá no I Congreso de Xestión de Proxectos de Software #SilverBullet17, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrocinios