Mobilidade

Traffic On Cloud, a nosa ferramenta de xestión da mobilidade, seleccionada por Innowwide entre 600 proxectos de 43 países

 

ler máis

TOURAL, tecnoloxías móbiles innovadoras para grandes eventos culturais

O consorcio do proxecto TOURAL (siglas para Tecnoloxías Orientadas á Ubicación, Realidade Aumentada e Lincaxe para feiras, recintos e eventos culturais), integrado polas empresas Balidea, Nordesía Produccións e Situm Technologies, presentou esta mañá as principais características desta iniciativa, que ten como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan, usando aplicacións para dispositivos móbiles, a i

ler máis

PREBENCAR e RISING, dous novos proxectos TIC pensados para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas cardiovasculares e con deterioro cognitivo

Os consorcios dos proxectos PREBENCAR e RISING, integrados polas empresas Balidea e Imagames o primeiro e Balidea, FrutoDS e Atendo o segundo, xunto coa Fundación Ramón Domínguez, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) e o  Istituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) presentaron esta mañá no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela os obxectivos destas dúas iniciativas.

ler máis

SPIN 2016 súmase á xeolocalización cunha APP deseñada por Balidea

Balidea vén de desenvolver, en colaboración con Situm e S-REC, a aplicación móbil do SPIN 2016, o maior evento de emprendemento universitario iberoamericano, organizado por RedEmprendia e que tivo lugar en Santiago de Compostela entre o 29 de setembro e o 1 de outubro, con máis de 2.000 asistentes de 100 universidades e 20 países diferentes.

ler máis

Balidea continúa a súa colaboración coa Festa da Istoria de Ribadavia que este ano chega xa á súa 28º edición

A colaboración de Balidea con esta festa medieval de referencia vén este ano da man do desenvolvemento dunha APP que mellorará a experiencia de todas as persoas que se acheguen a Ribadavia a vivir esta xornada festiva. O evento terá lugar a última fin de semana de agosto cun programa cargado de actividades dirixidas a todos os públicos.

ler máis

Balidea deseña solucións de mobilidade a medida para a Policía Local de Pontevedra

Balidea vén de desenvolver unha plataforma á medida para a Policía Local de Pontevedra que ten como obxectivo axilizar os seus procedementos administrativos en mobilidade, nomeadamente a emisión de denuncias de tráfico. Esta ferramenta foi deseñada especificamente para os modelos de móbiles e tablets empregados por este corpo de seguridade local e achegando as solucións máis axustadas ás súas necesidades.

ler máis

BALIDEA lanza ADESTRapp, unha innovadora aplicación que capta e transmite vídeo en competicións deportivas

Balidea atópase detrás da creación de ADESTRapp, un produto de captación, transmisión e análise de vídeo aplicado a contornas de competición, adestramento e arbitraxe.

Para facer realidade esta aplicación Balidea contou coa axuda de profesores da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia) da Universidade da Coruña, Ángel Vales e Alberto Areces.

ler máis

“Axenda Cultura” nova aplicación móbil da Xunta de Galicia coa colaboración de BALIDEA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaban de publicar unha nova aplicación que permite consultar os eventos da Axenda de Cultura de Galicia en calquera momento e lugar dende un smartphone ou tableta.

Esta nova ferramenta, que ofrece todas as actividades culturais que se publican na axenda do portal Cultura.gal, está xa dispoñible en galego e castelán para dispositivos con sistema operativo IOS e Andoid.

ler máis

BALIDEA colabroa co CPEIG desenvolvemento da aplicación “EscApp” para ofrecer recursos e axuda a vítimas de violencia de xénero

Balidea colabora co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para pór en marcha EscApp, unha aplicación específica para axudar as mulleres vítimas de violencia de xénero.

A EscApp é unha nova aplicación específica para vítimas de violencia de xénero pero  tamén para aquelas persoas que coñezan algún caso de maltrato a mulleres. Permite obter información de apoio e acceder a recursos, coma centros de información á muller, comisarías ou hospitais, entre outros. Está dispoñible tanto en IOS coma en Android.

ler máis

Xa está en funcionamento a Librería Institucional de Galicia, plataforma desenvolvida por BALIDEA

A través deste novo servizo poderanse consultar todas as publicacións da Administración autonómica e centralízase a comercialización e distribución dos fondos bibliográficos.

O pasado 27 de abril a Libraría Institucional de Galicia foi presentada polo consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e maila directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Mobilidade