Internacional

Balidea, empresa global recoñecida polo Informe Ardán

Balidea vén de ser recoñecida como empresa global segundo o informe Ardán, o documento de referencia que analiza a situación económica e competitiva das empresas de Galicia para coñecer o estado do texido empresarial galego.

ler máis

Presentamos en Bruselas a nosa contribución á igualdade dixital das linguas en Europa

Este martes, 27 de xuño, Balidea terá a honra de participar no META-FORUM 2023 en Bruxelas, un evento de referencia en Europa no ámbito da igualdade dixital das linguas. Fomos convidados a expoñer as nosas contribucións á Axenda Estratéxica de Investigación, Innovación e Implementación para alcanzar a plena igualdade dixital nas linguas europeas ata o ano 2030 (SRIA).

ler máis

Balidea, de novo proveedor homologado para Copenhague

Balidea acaba de se converter na única empresa non danesa homologada no acordo marco web para consultoría e execución de proxectos da cidade de Copenhague. Esta homologación, que ten unha validez de catro anos, conseguiuna xunto ao seu socio local Kruso.

FFWW, Eksponent, REload y Netcompany son o resto de empresas homologadas neste acordo marco.

Esta homologación supón un  novo logro para  Balidea, nun país no que cada ano o sector público gasta aproximadamente 40 mil millóns de euros en bens e servizos proporcionados por empresas privadas.

ler máis

Balidea desenvolve un novo portal en Drupal9 para o concello de Copenhague

O concello de Copenhague decidiu renovar a súa plataforma dixital ao completo, orientada tanto a cidadáns como a empregados internos. Por iso, e en colaboración co seu socio danés Kruso, Balidea acaba de comezar a desenvolver en Drupal9 o novo portal Evento, que aglutina un total de 32 portais web. Trátase dun proxecto complexo e ambicioso que poderá mellorar e optimizar as necesidades dos usuarios.

ler máis

Traffic On Cloud, a nosa ferramenta de xestión da mobilidade, seleccionada por Innowwide entre 600 proxectos de 43 países

 

ler máis

Balidea, entre as empresas homologadas como provedoras do sector público danés

Balidea acaba de converterse en provedor homologado de solucións e proxectos tecnolóxicos do sector público danés. Incorpórase así á lista de empresas que cumpren os requisitos necesarios elaborada por SKI, a entidade mediadora para os procesos de contratación pública en Dinamarca.

Esta homologación supón un gran logro e unha interesante oportunidade para Balidea, nun país no que cada ano o sector público gasta aproximadamente 40 mil millóns de euros en bens e servizos proporcionados por empresas privadas.

ler máis

Balidea asina un acordo coa compañía israelí Checkmarx para a venda de solucións de software de seguridade de aplicacións

Balidea acaba de chegar a un acordo coa israelí Checkmarx para a venda na súa área xeográfica de influencia (España e outros mercados europeos), de solucións de software de seguridade para a análise da exposición de aplicacións e servizos tecnolóxicos.  Balidea consegue así unha alianza estratéxica que pon en valor a súa aposta recente pola ciberseguridade, aplicada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas, o seu core de negocio.

ler máis

Balidea, provedor do concello de Copenhague

Desde hai uns meses temos un novo cliente a nivel internacional, o concello de Copenhague, co que asinamos un contrato para o próximos catro anos. Esta institución dispón de máis de 300 sitios web onde presta todo tipo de servizos aos seus empregados e á cidadanía.

ler máis

Balidea participa en Polonia nun encontro centrado nas boas prácticas en “outsourcing” a nivel internacional

Balidea vén de participar no  Best  Outsourcing  Pratices  Meetup organizado en  Gliwice (Polonia) pola empresa local  XSolve para compartir a súa experiencia e coñecemento na prestación de servizos tecnolóxicos a nivel internacional.  O encontro tivo lugar o pasado xoves 22 de febreiro e nel estiveron presentes outras empresas tecnolóxicas de Holanda, Dinamarca, Italia, Alemaña, Sudáfrica e Cataluña.

ler máis

Balidea renova a alianza con Sitecore

Balidea segue a ser socia tecnolóxica certificada do recoñecido fabricante danés de software. Este partnership, iniciado en 2012 e anovado en setembro deste ano, permítenos ofrecerlle á nosa clientela produtos de vangarda de Sitecore e os servizos de mantemento.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Internacional