Presentamos XESTAL (Xestión Forestal Sostible Mediante Teledetección Remota) no Centro Experimental Áncora (Cervo-Lugo, xestionado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia ITG), xunto aos nosos compañeros do consorcio creado para o desenvolvemento da proposta, as empresas Aeromedia (líder do proxecto), Cerna e Greenalia, en colaboración co centro tecnolóxico ITG, a Universidade de Santiago e co apoio da Xunta de Galicia.