Eficiencia enerxética

Impulsamos a IA sostible co desenvolvemento da plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes

Balidea está a levar a cabo o deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma “Green AI”, un proxecto chave dentro do Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que dará cobertura a todas as súas actividades.

ler máis

Balidea desenvolverá ferramentas dixitais que garantan un modelo industrial sostible dentro do PERTE do Vehículo Eléctrico

Balidea participou como socia na presentación pública de Future: Fast Forward, que levou a cabo onte en Madrid. O acto contou coa presenza da Ministra de Facenda e Función Pública María Jesús Montero, quen apuntou que “temos o coñecemento tecnolóxico, a capacidade industrial, o liderado empresarial e o apoio das administracións públicas para contribuír a unha economía cada vez máis sostible, máis limpa e menos contaminante, onde a mobilidade eléctrica vai desempeñar un papel determinante”.

ler máis

Balidea participa na proposta “Future: Fast Forward” de impulso do vehículo eléctrico co desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para a integración de procesos de reciclaxe

  • “Future: Fast Forward” é un proxecto de país apoiado por unha agrupación de 62 empresas, lideradas polo Grupo Volkswagen e SEAT S.A.
  • A proposta foi rexistrada ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) coa ambición de converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa.
  • Balidea participa dentro do proxecto primario RELOAD, que ten como obxectivo contribuír á subministración de metais de alto valor na cadea industrial do VEC, impulsando un modelo sostible baseado na economía circular. 
ler máis

Balidea desenvolverá unha ferramenta intelixente para seleccionar produtos de madeira destinados á construción

Balidea, como socio tecnolóxico do Grupo Operativo Madeira Construción Sostible (GO Madera), desenvolverá unha ferramenta intelixente para a selección de produtos de madeira destinados á construción. O proxecto pretende impulsar a cadea de valor da madeira desde o monte ata o consumidor final, fomentando un maior coñecemento deste material para mellorar o seu posicionamento nos mercados e facilitar o seu uso en edificios sustentables.

ler máis

O goberno danés volve confiar en Balidea para o desenvolvemento das súas ferramentas web de xestión da eficiencia enerxética

A Axencia Danesa da Enerxía vén de renovar por outros 18 meses o contrato que mantén con Balidea para o desenvolvemento, evolución e mantemento das súas ferramentas web orientadas á eficiencia enerxética.

ler máis

BALIDEA en Smart City Expo World Congress

Balidea, un ano máis, participou como expositor no cume de cidades intelixentes organizado por Fira de Barcelona, Smart City Expo World Congress.

ler máis

CESGA e BALIDEA acordan levar as escolas rurais ‘á nube’

O pasado venres o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Balidea asinaron un acordo que permite a posta en marcha dun ambicioso proxecto de innovación educativa, que pretende dotar dunha rede de  infraestruturas e servizos baseados en computación cloud á escola, e en especial, á que se atopa no rural. 

ler máis

BALIDEA colabora no programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Balidea é unha das 16 empresas do sector tecnolóxico galego que se vén de adherir formalmente ao  programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, en virtude do cal actuarán, todas elas, como mecenas dixitais contribuíndo economicamente na formación de voluntarios, na doazón de equipamento TIC e outros bens, na cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos específicos.

ler máis

BALIDEA participa na creación dun sistema de xestión integral de pacientes crónicos

O Ministerio de Ciencia e Innovación vén de conceder ao consorcio formado por Balidea, Indra, InfoJC e Televés cofinanciamento para a creación dun sistema de xestión integral de pacientes crónicos. Esta concesión pertence ao programa destinado a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento en áreas de importancia estratéxica para o avance da economía española (programa FEDER-INNTERCONECTA).

ler máis

BALIDEA abre unha oficina de I+D+i no campus universitario de Vigo

Balidea, que ten a súa sede central en Santiago de Compostela, vén de abrir unha nova oficina no campus universitario de Lagoas-Marcosende en Vigo, un espazo que, a partir de agora, funcionará como centro de traballo do departamento responsable das accións de I+D+i da empresa.

ler máis
Subscribirse a RSS - Eficiencia enerxética