Desenvolvemento

Traffic On Cloud, a nosa ferramenta de xestión da mobilidade, seleccionada por Innowwide entre 600 proxectos de 43 países

 

ler máis

Novo portal web da Axencia de Coñecemento en Saúde, desenvolto por Balidea

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) do Sergas acaba de estrear o seu novo portal web, un espazo accesible, visual e responsive, é dicir, adaptado a todos os dispositivos móbiles. Deseñouse pensando en establecer un modelo de portal adaptable para calquera área, centro ou fundación dependentes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), personalizando a súa imaxe e estrutura. Balidea encargouse do seu desenvolvemento, soporte, xestión de permisos e formación de persoas usuarias.

ler máis

Balidea iniciará en xuño un piloto da súa “neta” virtual, o asistente por voz para combater a soidade das persoas maiores e facilitarlles a vida diaria

A empresa Balidea prevé comezar o vindeiro mes de xuño un piloto para probar nun contexto real o seu asistente virtual NETA, especialmente pensado para apoiar e acompañar a persoas maiores que viven soas, co que agora poderán comunicarse de forma máis sinxela a través da voz. Nunha situación como a que estamos vivindo actualmente a raíz da pandemia provocada polo Coronavirus pode ser unha grande axuda para aquelas personas confinadas en soidade, especialmente as máis vulnerables: as persoas maiores.

ler máis

Balidea renova a súa avaliación CMMI 3 para a súa unidade de Desenvolvemento e Produción TIC

A unidade de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea vén de renovar por 3 anos a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI® polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integration), que analiza os procesos dentro dunha organización. A avaliación realizouna a compañía asociaciada Gesein S.L.

ler máis

Novos avances en Smart Cardia, a plataforma tecnolóxica que facilitará a xestión da rehabilitación cardíaca tras un infarto

Presentamos no Centro Singular de Investigacións en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) os avances realizados durante o 2019 no proxecto Smart Cardia, que propón unha plataforma intelixente para a xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaca no caso de pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio.

ler máis

Robótica amigable para a vida cotiá das persoas adultas maiores

Esta mañá presentáronse no Espazo+60 de Afundación os avances do proxecto NETA V3A, que propón a robótica amigable como apoio para o envellecemento activo e o empoderamento das persoas adultas maiores. Os seus impulsores afrontaron ao longo de 2019 a definición conceptual do robot, concretamente o seu deseño visual e morfolóxico; as interfaces software e os módulos de interacción por voz que permitirán aos usuarios acceder ás distintas funcionalidades tanto en castelán como en galego.

ler máis

O novo portal web da Universidade de Santiago de Compostela foi desenvolvido en Drupal 8 por Balidea

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de presentar o seu novo portal web, froito dun proceso que comezou hai un ano e no que se implicou a toda a comunidade universitaria. Balidea colaborou neste proxecto como empresa encargada de realizar o desenvolvemento tecnolóxico. O resultado é unha web que renova a comunicación externa da universidade.

ler máis

Balidea presenta en Holanda o seu asistente virtual para o avellentamento activo, NETA V3A, da man do Clúster Saúde de Galicia

Balidea participa esta semana na misión directa aos Países Baixos, LexSaúdeHolanda, organizada polo Clúster Saúde de Galicia (CSG) dentro do proxecto CodigoMais. Faino como empresa experta na achega de solucións innovadores para a saúde e a asistencia social. A viaxe está especialmente centrada nas solucións para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, un ámbito no que Balidea ten unha gran experiencia.

ler máis

Balidea encargarase do mantemento e evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde

Balidea logrou renovar o contrato para o mantemento e evolución das aplicacións do Servicio Cántabro de Saúde, asociadas aos seus sistemas de historia clínica electrónica e atención hospitalaria. Para esta licitación concorreu en UTE con outras dúas empresas do sector TIC con gran experiencia no ámbito sanitario:  Horus Ingeniería e GTI Santander. O contrato ten unha duración de dous anos coa posibilidade de renovación por outros dous.

ler máis

Balidea desenvolve o novo portal web da Festa da Istoria

Balidea mantén a súa colaboración coa Festa da Istoria, a recreación medieval máis lonxeva de Galicia, para a que nesta edición desenvolveu o seu novo portal web. Trátase dun sitio moi visual, versátil e accesible, pensado especialmente para achegarlle ás persoas asistentes toda a información relevante sobre o evento.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Desenvolvemento