Consultaría e soporte

Consultaría e soporte

arquitectura e tecnoloxía dos SI

Desde a nosa empresa poñemos a disposición dos clientes o noso coñecemento e experiencia en novas tecnoloxías para unha gran variedade de contextos organizativos e procesos de negocio.

Estas actividades de consultaría contemplan o ciclo de vida completo e van dende a análise funcional e técnica ao deseño e implantación de solucións orientadas a resolver os problemas mediante a implantación de mantemento correctivo, adaptativo e perfectivo das solucións propostas.

Ademais tamén lle facilitamos ao cliente un servizo de soporte a persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información para resolver dunha forma rápida e eficiente as consultas, incidencias e avarías que poidan producirse no seu traballo habitual.

Levamos a cabo soporte de primeiro, segundo e terceiro nivel, tanto dentro como fóra das nosas instalacións, segundo as necesidades do servizo.

Se ten interese en recibir o noso Catálogo de Servizos TI, por favor solicíteo a comercial@balidea.com.