Boa acollida do novo portal de Les Corts Valencianes, un desenvolvemento realizado en Drupal 8 por Balidea

Boa acollida do novo portal de Les Corts Valencianes, un desenvolvemento realizado en Drupal 8 por Balidea

Les Corts Valencianes lanzou recentemente o seu novo portal web, que busca responder ás necesidades informativas e de servizos dixitais á cidadanía da institución, cumprindo os principios de transparencia e participación. A plataforma foi desenvolta por Balidea en Drupal 8, sobre unha arquitectura de alta dispoñibilidade, pensando na migración a unha tecnoloxía máis versátil, a mellora da experiencia de usuario e a adaptación ás novas tendencias web.

Trátase dun proxecto multisite que constou de catro partes diferenciadas: o portal xenérico do parlamento valenciano, o portal de Transaparencia, o portal de Participación cidadá e a intranet de uso interno para todo o persoal de Les Corts.

Actividade parlamentaria en tempo real

O portal pon a disposición da cidadanía toda a información de interese de Les Corts. Pódense consultar as últimas noticias de actualidade da entidade, coñecer toda a súa actividade parlamentaria con acceso directo a plenos en tempo real, así como acceder a documentación de múltiples áreas (orzamentaria, lexislativa, parlamentaria etc.). Ademais, disponse dun sistema de consulta do histórico de lexislaturas con información relevante de cada unha delas.

No caso dos espazos de Transparencia e Participación adquiriron maior entidade coa súa renovación, cun desenvolvemento funcional específico para cada un deles.

O portal preséntase en dobre versión idiomática, en valenciano e castelán, está integrado coas redes sociais do parlamento (Twitter, Facebook, Flickr e Youtube) e permite a opinión a través dun sistema de comentarios.

Foi pensado de maneira que se poida utilizar de forma cómoda en todos os dispositivos, polo tanto dispón dun deseño adaptativo a smartphones, tablets e diferentes resolucións de pantalla.

Comparte este post: