BALIDEA repite como Gold Sponsor na nova edición de DrupalCamp

BALIDEA repite como Gold Sponsor na nova edición de DrupalCamp

  • O evento levarase a cabo os próximos días 22, 23 e 24 de maio en Jerez de la Frontera
  • BALIDEA mantén a súa colaboración Gold Sponsor, como mostra do seu compromiso coa comunidade DRUPAL

 

Un ano máis, España celebra a súa  V edición de DrupalCamp, o maior evento ao redor da tecnoloxía DRUPAL Despois de percorrer as cidades de Barcelona, Sevilla, Madrid e Cáceres, desta volta o maior evento DRUPAL do ano levarase a cabo na cidade andaluza de Jerez de la Frontera.

De novo BALIDEA estará presente como Gold Sponsor nesta nova edición, á que acudirán varios profesionais da tecnoloxía da nosa empresa para formar parte da comunidade DRUPAL e participar nas distintas sesións que se levarán a cabo ao longo de toda a fin de semana.

Ao mesmo tempo BALIDEA participará no Business Day, o día enfocado ao negocio e ás empresas, onde se propiciará a interacción entre os participante e na cal aproveitaremos a oportunidade de presentar os proxectos DRUPAL que levamos a cabo na nosa compañía.

Durante os últimos anos BALIDEA ven apostando firmemente polas tecnoloxías web Opensource cunha parte importante dentro da súa Software Factory. Dentro desas teconoloxías destaca DRUPAL, por ser un dos CMS de maior expansión e uso a nivel global nos últimos anos. Desde BALIDEA véñense establecendo as bases para a obtención dunha alta capacitación dos seus técnicos nesta tecnoloxía. Derivado da expericencia dos mesmos en proxectos desta tecnoloxía, BALIDEA foi incorporada na 'Comunidade DRUPAL' mostrando un claro compromiso con iniciativas sostidas cun alto grado de voluntarismo por parte dos desarrolladores.

Se tes interese en coñecer as iniciativas de BALIDEA nesta liña, contaremos con stand propio na DruplaCamp os próximos días 22, 23 e 24 de maio onde se dará difusión á actividade de BALIDEA neste ámbito.

Comparte este post: