Balidea renova a súa avaliación CMMI 3 para a súa unidade de Desenvolvemento e Produción TIC

Balidea renova a súa avaliación CMMI 3 para a súa unidade de Desenvolvemento e Produción TIC

A unidade de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea vén de renovar por 3 anos a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI® polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integration), que analiza os procesos dentro dunha organización. A avaliación realizouna a compañía asociaciada Gesein S.L.

CMMI é un marco de mellora de capacidades que lles proporciona ás organizacións os elementos esenciais para desenvolver procesos efectivos, que finalmente redunden na mellora do seu desempeño.

Unha avaliación no nivel 3 de madurez indica que a forma de desenvolver os procesos na empresa está ben definida, é dicir, está establecida, documentada e existen métricas para a consecución e valoración de obxectivos concretos. Significa que os procesos están ben caracterizados e descritos en manuais, procedementos, ferramentas e métodos. En definitiva, o conxunto de procesos estándar da organización, que é a base para a obtención do nivel de madurez 3, atópase establecido e mellorado co paso do tempo.

Líder mundial en boas prácticas empresariais

O Instituto CMMI é o líder mundial na promoción das boas prácticas empresariais orientadas ás persoas, os procesos e as tecnoloxías. O seu obxectivo é trasladar unha cultura empresarial de mellora continua que incremente o rendemento e xere unha vantaxe competitiva sostible.

Ofrécelles ás organizacións solucións orientadas ao mercado para optimizar as súas capacidades claves, a súa cibermadureza e os seus activos de datos para incrementar o rendemento empresarial.

Durante máis de 25 anos, miles de compañías de alto rendemento de diferentes sectores, incluídos os de finanzas, aeroespacial, saúde, tecnoloxías da información, software, transporte, defensa e telecomunicacións, obtiveron unha cualificación de nivel de madurez CMMI, que lles permitiu manter unha evolución empresarial sostible e certificar a súa capacidade como socios comerciais e provedores.

Comparte este post: