BALIDEA presenta a súa APP dentro do proxecto Smart City

BALIDEA presenta a súa APP dentro do proxecto Smart City

  • BALIDEA foi a encargada de desenvolver unha aplicación móbil con toda a axenda cultural e de lecer da cidade.
  • Alejandra González, consultora funcional en BALIDEA, participou activamente no acto de presentación ao que asisitiron máis de 500 persoas.

Coruña Smart City xa é unha realidade. O denominado "ágora virtual do século XXI" foi presentado na cidade da Coruña nun acto dirixido ao conxunto da cidadanía e presentado polo actor Javier Veiga onde se deron a coñecer os primeiros proxectos pilotos e as súas aplicacións para a cidadanía.

O acto contou tamén coa presencia institucional do Alcalde da Coruña que destacou o "aspecto revolucionario e o papel fundamental do proxecto Coruña Smart City para dar resposta ás necesidades da cidadanía e os emprendedores do século XXI."

Negreira agradeceu o traballo realizado polas máis de 60 empresas que traballamos en Coruña Smart City, e incidiu na importancia de Coruña Smart City como un novo modelo de xestión e invitou a todos os coruñeses e todas as coruñesas a participar nos proxectos en marcha.

Alejandra González presentou a aplicación Eventos Smart CityEventos Smart City

Unha aplicación móbil con toda a axenda cultural e de lecer da cidade, é o traballo desenvolvido por BALIDEA dentro do conglomerado CoruñaSmartCity..

Alejandra González, consultora funcional en BALIDEA, presentou no pasado acto a primeira versión desta ferramenta, que irá incorporando máis servizos e novidades ao longo das próximas semanas. Esta ferramanta, dispoñible para Android, permite facer búsquedas de todo tipo de evento, data ou lugar de celebración.

Trátase dunha ferramenta intuitiva que despois de estudar os gustos e preferencias das persoas usuarias será capaz de anticiparse ao que queremos na nosa búsqueda. Ademais, pódense ver os eventos xeolocalizados, obter información detallada de cada un deles ou acceder aos servizos de compra de entradas.

Permitirá manter unha interacción coa cidadanía así como facilitará o contacto co 010 onde se da a posibilidade de engadir suxerencias, consutlas, reclamacións, propostas, etc.

Mais de 800 descargas na primeira semana

Esta ferramenta útil tamén para os xestores da cidade, permitirá coñecer as preferencias da cidadanía. As máis de 800 descargas alcanzadas na na semana da súa presentación dan conta do éxito entre a cidadanía e do seu bo funcionamento. Neste momento só se dispón de información da axenta cultural institucional dependente directamente do Concello da Coruña, que se irá completando próximamente coa posibilidade de introducir eventos de outras entidades (asociacións, salas de concertos, fundacións, etc)

Accede ao vídeo da presentación

Entrevista no programa Vivir Galicia. Cadena Ser Coruña

Comparte este post: