Balidea patrocina a sétima edición do clínic de baloncesto do Monbus Obradoiro

Balidea patrocina a sétima edición do clínic de baloncesto do Monbus Obradoiro

O Monbus Obradoiro e  Balidea presentaron o VII Clínic Balidea “Desmontando o adestrador axudante”, que se celebrará os días 27 e 28 de xullo no pavillón de Fontiñas, co patrocinio da nosa empresa. 

O director xeral do Monbus Obradoiro, José Luis Mateo, destacou que este é o único clínic centrado na figura do adestrador axudante, “cun cartel de relatores de  primerísimo nivel, con adestradores de seleccións, a liga Endesa, a liga  Adriática ou a liga Turca”. Agradeceu a implicación de Balidea: “Este ano temos o pracer de anunciarvos que Balidea, membro do Club de Empresas Obradoiro, patrocinará o clínic, que levará o seu nome. Ademais, impartiremos a todos os inscritos unha charla sobre o seu programa, Adestrapp, que emprega o noso corpo técnico. Grazas polo apoio, no clínic e durante a tempada”.

O director xeral de  Balidea, Lorenzo Rodríguez, deu o parabén “por esta sétima edición. Levamos xa un tempo apoiando ao club e ás súas categorías basee a través do patrocinio, pero tamén co noso produto Adestrapp. Habemos visto que ten boa cabida no baloncesto e esperamos que esta parte tecnolóxica poida axudar a unha mellor análise para conseguir máis éxitos”.

Nesta edición, Dan Petts, adestrador axudante do Monbus Obradoiro e da Selección Gran Bretaña U20, tratará o uso de Adestrapp e outras novas tecnoloxías nun equipo de base. Ademais participarán figuras como Joaquín Prado, adestrador axudante da Selección Española Absoluta;  Andrija Gavrilovic, adestrador axudante en Estrela Vermella; Jaka Lakovic, que foi adestrador axudante do Divina Seguros Joventut;  Aleix Duran, adestrador axudante en Besitkas; e David Eudal, adestrador axudante do MoraBanc Andorra”.

 

 

Comparte este post: