Balidea consegue a certificación ENS polo seu compromiso coa seguridade e privacidade de datos

Balidea consegue a certificación ENS polo seu compromiso coa seguridade e privacidade de datos

Obtivemos a certificación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS) de AENOR para os nosos sistemas de información que brindan soporte aos servizos informáticos para a xestión empresarial e a Administración Pública, así como soporte técnico para software e sistemas operativos.

A obtención deste novo certificado é unha mostra do compromiso de Balidea coa seguridade e a privacidade dos datos que manexamos da Administración Pública, das nosas empresas clientes, os nosos provedores e os nosos traballadores. Conseguir este certificado súmase así a outros recoñecementos, como a certificación do noso sistema de xestión de calidade, ambiental, de seguridade e saúde no traballo, de seguridade da información, de I+D e de servizos TI, baseándose en normas ISO.

 

Sobre o ENS

O ENS é unha norma obrigatoria para a Administración Pública e entidades colaboradoras, regulado polo Real decreto 311/2022, e o seu obxectivo é garantir a seguridade dos servizos ofrecidos á cidadanía.

Busca que as organizacións adecúen os seus sistemas de información a uns principios básicos e uns requisitos mínimos. Desta forma garántese unha protección adecuada dos servizos prestados e da información tratada por estes, con obxecto de asegurar o acceso, a confidencialidade, a integridade, a rastrexabilidade, a autenticidade, a dispoñibilidade e a conservación dos datos, a información e os servizos apoiados directa ou indirectamente en medios electrónicos.

Para a cidadanía, destinatarios últimos do servizo público, supón a garantía de que as entidades públicas coas que se relacionan reúnen as condicións de seguridade necesarias para salvagardar a súa información e os seus dereitos.

Comparte este post: