Balidea colabora con Cruz Vermella a través do patrocinio do Congreso de Seguridade Informática c0r0n4con

Balidea colabora con Cruz Vermella a través do patrocinio do Congreso de Seguridade Informática c0r0n4con

Balidea xa é patrocinador do c0r0n4c0n, o Congreso de Seguridade Informática, que ten como lema “Isto parámolo hackeando” e que destinará todos os fondos recadados ao Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19.

Esta convocatoria desenvolverase integramente online entre os días 9 e 12 de abril e foi organizada en tempo exprés pola comunidade hacker de España. Propón unha serie de charlas e talleres técnicos, así como eventos en streaming totalmente en aberto impartidos e organizados por expertos en ciberseguridade.

Entre os relatores figura a nosa compañeira Belén Pérez, que falará da seguridade informática en contornas industriais e infraestruturas críticas, nunha charla dirixida a todo tipo de perfís e que leva como título: “Acordámonos de Santa Bárbara cando trona”.

Cruz Vermella RESPONDE

No marco do Estado de Alarma Nacional, Cruz Vermella lanzou o seu Plan RESPONDE fronte ao COVID-19 dirixido ás persoas en situación de vulnerabilidade e á poboación xeral, en coordinación con todas as administracións públicas. É un plan concreto de actuación e resposta para os próximos dous meses e que pretende alcanzar a máis de 1,350.000 persoas cun orzamento estimado de 11,000.000€, ao que poderá sumarse todo aquel que queira contribuír, tanto empresas como persoas a título individual. O plan pretende mobilizar a máis de 40.000 persoas voluntarias en todo o Estado a través dos seus máis de 1.400 puntos de atención.

Comparte este post: