PLAN DE INNOVACIÓN DE BALIDEA

PLAN DE INNOVACIÓN DE BALIDEA 

Código do proxecto: 075_IN848D_2017_2348614

Duración: Setembro 2017 - Novembro 2018

Balidea demostrou dende o principio o seu forte carácter innovador e a súa capacidade para evolucionar adaptándose aos requirimentos da clientela e ofrecendo solucións moi innovadoras no ámbito da saúde pública. Coa finalidade de posicionarse no mercado español e rendibilizar o coñecemento adquirido nestes proxectos, creouse o departamento de I+D+i cuns obxectivos claros: adquirir e implementar novas tecnoloxías a través da colaboración con grupos de investigación e desenvolver solucións innovadoras en distintos ámbitos de coñecemento: comunicación web, formación e aprendizaxe on line, e-Health e saúde pública.

O Plan de Innovación de Balidea pretende impulsar a organización cara á consolidación dun modelo de negocio baseado na xeración de resultados de I+D+i de alto impacto, a través da excelencia operativa e de xestión de persoas. Balidea quere ser un referente para a xente que dedica o seu talento e o seu tempo á mellora do tecido industrial e de servizos mediante o fomento das TIC en Galicia.

O Plan contempla dous grandes obxectivos, que se van acadar co desenvolvemento das actividades detalladas:

  • Obxectivo 1: optimización dos resultados de I+D+i
  • Obxectivo 2: mellora organizativa e de procesos para o incremento da produtividade na área de I+D+i

 

Orzamento

O orzamento para levar a cabo o Plan de I+D+i é de 281.030,00 €, dos cales a Axencia Galega de Innovación subvenciona un 50 %: 140.515,00 €.

 

Share:

Related ProjectsYou might also be interested in these

RISING

Desenvolvemento, I+D+i, Saúde, Avellentamento activo