Programa Principia

 Balidea participou nos programas Principia 2016, 2017, 2018 e 2019 cuxo obxectivo é o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia. 


Así, ao amparo das resolucións respectivas do 2 de xuño de 2016 (DOG núm.113, do 15 de xuño), do 8 de xuño de 2017 (DOG núm.118, do 22 de xuño), do 24 de abril de 2018 (DOG nº 95, do 21 de maio de 2018) e do 17 de decembro de 2018  (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019) polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, realizou a contratación de persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia.