PREBENCAR

 

PREBENCAR: Asesor Virtual Intelixente para a PREvención e o BENestar CARdiovascular

Orzamento: 780.761,23. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 427.990,68 €.

Convocatoria: CONECTA PEME 2016 (Procedemento IN852A)

Socios: Balidea Consulting & Programming (líder do consorcio) e Imagames Gamification Services.

Centros de investigación asociados: Fundación Ramón Domínguez e Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS).

Descrición: O obxecto do proxecto é facilitarlle ao cidadán, aos profesionais sanitarios e aos servizos de saúde a promoción de actividades de prevención cardiovascular primaria a nivel poboacional, buscando un cambio nos costumes e hábitos sociais. Deste modo dáse resposta a un reto na sociedade actual, promovendo a cultura cardiosaudable a través dun cambio de rol das persoas.

Na anualidade de 2018 finalizáronse os desenvolvementos do proxecto e realizouse a validación e avaliación de resultados, a partir da proba piloto realizada con usuarios reais (profesionais médicos e pacientes), completando polo tanto con éxito o alcance planificado e logrando todos os obxectivos expostos.

Proxecto cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

 

Share: