EILO: Edificio Intelixente Localizado

Balidea está desenvolvendo unha plataforma que, mediante o uso dunha app móbil, permita á cidadanía relacionarse cos edificios intelixentes, posibilitando tanto a localización no interior como no exterior deles, o enrutamento polo seu interior e a interacción cos contidos que albergan utilizando un sistema de realidade aumentada.

O proxecto está sendo cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2013-2016, na convocatoria do ano 2015 de Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital - Impulso Tecnolóxico (Expte.: TSI-100600-2015-32), e polos Fondos Feder, dentro do Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020.

Share: