...............................................................................................................................................................................................................................................
Balidea/ Novas
...............................................................................................................................................................................................................................................
NOVAS

Novembro 2008
Balidea obtén o recoñecemento coma empresa GACELA segundo a clasificación establecida na publicación ARDÁN Galicia 2008. Empresa catalogada como GACELA son aquelas que aumentan o seu volume de negocio de forma continuada, durante un período de alo menos tres anos consecutivos, por encima do 25% de incremento anual, durante cada un deles.
Outubro 2008
Implantación do sistema de información de residentes de mediciña familiar e comunicaria (SAVAR) nas unidades docentes da Consellería de Sanidade.
Outubro 2008
Balidea realizará a adaptación á normativa de accesibilidade web das aplicacións do Observatorio Ocupacional (Instituto Galego das Cualificacións) da Consellería de Traballo.
Setembro 2008
Balidea realiza o desenvolvemento dunha ferramenta web que permite a recollida de información e baremación dos resultados sobre o emprego de tecnoloxías sanitarias para a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (Avalia-t).
Setembro 2008
Balidea inicia o proceso de implantación do sistema ISO 20000 no marco do Plan Avanza 2008.
Setembro 2008
O Servizo de Relacións Laborais da Consellería de Sanidade confía a Balidea o desenvolvemento dos sistemas de xestión de expedientes de regulación de emprego e de desprazamento dos traballadores.
Setembro 2008
Implantación do portal web do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) (http://www.issga.es).
Setembro 2008
Implantación do sistema de visualización de información nos panéis informativos da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Agosto 2008
Balidea colaborará coa Consellería de Traballo no desenvolvemento dunha aplicación de xestión do proxecto de banco de tempos.
Agosto 2008
Balidea realizará a evolución do sistema de xestión de comunicacións (SMS, EMAIL) da Consellería de Sanidade para a súa integración co resto dos seus sistemas.
Agosto 2008
Implantación do sistema de xestión na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Xullo 2008
O CIXTEC habilita o acceso ao sistema de xestión das solicitudes de admisión a procesos selectivos da Administración Autonómica.
Xullo 2008
O CIXTEC pon a disposición das Consellerías da Xunta de Galicia os Web Services para o pago telemático de taxas integrados coa oficina virtual do CIXTEC.
Xullo 2008
O CIXTEC segue a confiar en Balidea para o servizo de realización de aplicacións na área de microinformática.
Xullo 2008
Balidea trasládase ás súas novas oficinas sitas no Edificio WITLAND - Rúa dos Camiños da Vida, S/N.
Xuño 2008
AENOR certifica a implantación da ISO 14001:2004 e do Regulamento EMAS implantados en Balidea.
Xuño 2008
AENOR certifica a renovación do sistema de xestión ISO 9001:2000 implantado en Balidea.
Xuño 2008
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) confía a Balidea o desenvolvemento do seu portal web.
Xuño 2008
A Consellería de Sanidade acada, coa colaboración de Balidea, a implantación do sistema de xestión dos matadoiros de Galicia cunha cobertura do 90% das reses sacrificadas.
Xuño 2008
Balidea realiza para a Consellería de Sanidade a migración do sistema de encamiñadores de atención primaria á tecnoloxía .NET 2.0.
Xuño 2008
Implantación do Portal dos Profesionais (FIDES) en tódolos centros do Sergas.
Xuño 2008
Implantación do portal web das familias galegas da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (http://www.familiasgalegas.org).
Xuño 2008
Balidea colaborará coa Consellería de Traballo nas tarefas de mantemento e evolución do sistema de xestión de contratación.
Xuño 2008
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) contrata a Balidea o sistema de visualización de información nos panéis informativos da Academia.
Xuño 2008
Balidea colaborará co CIXTEC no desenvolvemento do servizo de descarga de cartas ao pago habilitado para os rexistradores da propiedade.
Maio 2008
Balidea realizará a implantación do sistema de xestión de centros financieiros na Xefatura de Asuntos Económicos da Forza Loxística Organizativa (JAEFLO) da Coruña e na Academia de Enxeñeiros do Exército de Terra (ACING) de Madrid.
Maio 2008
Adaptación do sistema de xestión de centros financieiros da Brigada Lixeira Aerotransportada Galicia VII (BRILAT) aos novos sistemas de xestión interna do Exército de Terra.
Maio 2008
O Consello de Contas de Galicia confía a Balidea o desenvolvemento dos sistemas de xestión de enquisas do censo e da rendición de contas das entidades locais.
Abril 2008
O CIXTEC adxudica a Balidea a realización do sistema de xestión das solicitudes de admisión a procesos selectivos da Administración Autonómica.
Abril 2008
Balidea realizará o desenvolvemento do sistema de xestión para a fundación escola galega de administración sanitaria (FEGAS) dependente da Consellería de Sanidade.
Abril 2008
Balidea realiza o desenvolvemento de Web Services para o pago telemático de multas e sancións integrado coa oficina virtual do CIXTEC.
Abril 2008
Balidea realiza para a Consellería de Sanidade a migración da aplicación de xestión e avaliación dos programas de prevención e inserción social (SAPIS) á tecnoloxía .NET 2.0.
Abril 2008
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia amplía o servizo de mantemento e evolución dos sistemas de información da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Abril 2008
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia amplía o servizo de mantemento e evolución dos sistemas de información FIDES (Portal do Profesional Sergas) e OFPRO (Portal dos Provedores Sergas).
Abril 2008
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia amplía o servizo de mantemento e evolución do sistema de información de listas de contratación temporal do Sergas.
Febreiro 2008
Balidea inicia o proceso de implantación do modelo de calidade de software CMMI dentro do programa PISCIS (Programa Integral de Soporte a la Competitividad de la Industria del Software – Calidad del SW y CMMI) conxuntamente con outras 28 empresas de ámbito nacional, asesorados polo ESI.
Febreiro 2008
Desenvolvemento do sistema de información da Consellería de Sanidade para a xestión da carreira profesional.
Xaneiro 2008
Balidea realiza o desenvolvemento de Web Services para o pago telemático de taxas integrado coa oficina virtual do CIXTEC.
Xaneiro 2008
Adxudicación do desenvolvemento do sistema de información de inspeccións (HERME) para a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Xaneiro 2008
Balidea desenvolve a nova versión do programa de análise epidemiolóxico de datos tabulados (EPIDAT) para a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Decembro 2007
Balidea realizará as tarefas de soporte, mantemento e despregue en contornos colaborativos dos diferentes portais da Consellería de Sanidade-SERGAS.
Decembro 2007
A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia confía a Balidea o desenvolvemento do sistema de información para os laboratorios de sanidade animal dependentes desta Consellería.
Decembro 2007
Balidea colabora co Banco de Alimentos (http://www.bancoruna.org/) na súa campaña de recollida de alimentos.
Decembro 2007
Balidea seguirá prestando o servizo de mantemento evolutivo do sistema de xestión de cribado neonatal e infantil do Servei de Salut de les Illes Balears.
Novembro 2007
Balidea ven de desenvolver o sistema de consulta de listas de espera para os pacientes da área clínica do SERGAS.
Novembro 2007
O SERGAS confía de novo en Balidea para realizar o mantemento e evolución dos sistemas de xestión de listas de vinculacións temporais.
Outubro 2007
Balidea desenvolve para o SERGAS diferentes portais colaborativos baixo tecnoloxía Microsoft Office Sharepoint Server 2007 (Portal de Informática e Portal do Servizo de Seguridade Alimentaria).
Outubro 2007
Balidea evolucionará a ferramenta de análise epidemiolóxico de datos tabulados (EPIDAT) da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade-SERGAS) en colaboración coa Organización Panamericana de la Salud (http://www.paho.org/Spanish/SHA/epidat.htm).
Outubro 2007
Balidea realizará o servizo de apoio para a implantación dunha ferramenta de xestión da configuración de activos na Consellería de Sanide-SERGAS.
Setembro 2007
Balidea realizará o desenvolvemento da aplicación informática que permita xestionar a actividade formativa levada a cabo pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Setembro 2007
Co novo curso, novas bolsas FUAC de Balidea para a inserción de recén titulados.
Setembro 2007
Balidea prestará o servizo de Help Desk nas Unidades Administrativas dentro do servizo de atención directa a usuarios de sistemas de información do SERGAS - Consellería de Sanidade.
Agosto 2007
A Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar confía a Balidea o deseño, desenvolvemento e implantación do seu portal web para o soporte das políticas públicas para as familias.
Agosto 2007
Balidea desenvolveu o sistema distribuído para a rendición de contas das entidades locais de Galicia de acordo ao establecido polo Consello de Contas de Galicia, ente fiscalizador das contas e da xestión económica-financieira do sector público galego.
Agosto 2007
Balidea desenvolve a aplicación WEB para o rexistro e a xestión estatística de folgas e peches patronais para a Consellería de Traballo.
Agosto 2007
Balidea participa no programa PISCIS (Programa Integral de Soporte a la Competitividad de la Industria del Software – Calidad del SW y CMMI) conxuntamente con outras 28 empresas de ámbito nacional, asesorados polo ESI, para a implantación do modelo de calidade de software CMMI.
Agosto 2007
Declaración medioambiental EMAS e ISO 14001: Balidea obtén a certificación medioambiental ISO 14001, coa axuda e financiación da Consellería de Medio Ambiente.
Xullo 2007
Balidea subscribe un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo; a través da súa oficina de orientación para o emprego.
Xullo 2007
O Instituto Galego das Cualificacións, dependente da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, pon a disposición da cidadanía na súa páxina web a ferramenta desenvolta por Balidea para a consulta dos Datos de Ocupacións ( http://novas.xunta.es/node/4451)
Maio 2007
Balidea realizará o desenvolvemento do sistema de información corporativo para o ámbito de inspección da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade
Maio 2007
O SERGAS implanta o servizo de alertas móbiles desenrolado por Balidea
Marzo 2007
Balidea levará a cabo a evolución das aplicacións troncais de Saúde Pública para a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ata Outubro de 2008
Xaneiro 2007
A Consellería de Sanidade presenta o novo plan de sistemas de información no ámbito da inspección en Saúde Pública realizado por Balidea - Proxecto HERME
Xaneiro 2007
Entrevista ao responsable comercial de Balidea no diario dixital Vigo Metropolitano ( http://www.vigometropolitano.com/article.php3?id_article=20433 )
Xaneiro 2007
A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía o sistema de información desenvolvido por Balidea para a consulta dos indicadores do mercado laboral
Decembro 2006
Publicación da nova web de Balidea C&P.
Decembro 2006
Balidea prestará á Consellería de Sanidade apoio na selección dunha ferramenta de xestión da configuración.
Novembro 2006
Balidea manterá e evolucionará os sistemas de xestión das listas de vinculacións temporais do Sergas.
Outubro 2006
Concurso para o mantemento dos portais para a Oficina Virtual do Provedor e a Oficina Virtual do Profesional da Consellería de Sanidade-Sergas.
Setembro 2006
Ampliación do convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña a través da FUAC.
Xullo 2006
Balidea desenvolverá novas utilidades e aplicacións na área de microinformática para o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financieira Contable (CIXTEC) da Xunta de Galicia.
Xullo 2006
A xestión de alertas móbiles orientadas ao recordatorio de citas para Atención Especializada dos centros do Sergas, será desenvolta por Balidea.
Xuño 2006
Concurso para o servizo e desenvolvemento de módulos para a explotación de aplicacións que afecten a varios servizos para o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financieira Contable CIXTEC) da Xunta de Galicia.
Maio 2006
A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), contrata a Balidea a consultoría para a realización da análise funcional do sistema de xestión da actividade académica e económica da aplicación informática segundo os estándares definidos pola Consellería de Sanidade.
Marzo 2006
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia presenta no Inforsalud os proxectos da Oficina Virtual do Profesional e a Oficina Virtual do Provedor do Sergas.
Marzo 2006
Balidea traballará para o Instituto Galego de Cualificacións, elaborando diversas automatizacións de datos estatísticos.
Febreiro 2006
Auditoría externa para a renovación da certificación de calidade segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000 (Sistemas de xestión para a calidade) realizada por AENOR.
Decembro 2005
Iniciadas as actividades necesarias para a elaboración dun plan de sistemas da área de inspección da Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia.
Setembro 2005
A Consellería de Sanidade, contrata a Balidea, para levar a cabo as tarefas de análise, deseño e desenvolvemento do seu portal do empregado.
Setembro 2005
Dentro do plan de formación, implantado paralelamente ao sistema de calidade, Balidea organizou un curso de formación para o persoal da empresa J2EE acreditado por Academia Postal.
Xullo 2005
Os provedores do Sergas, terán ao seu servizo unha nova ferramenta, a Oficina Virtual do Provedor do Sergas. A súa execución foi contratada a Balidea.
Xullo 2005
Actualización do “Rexistro Oficial de Empresas Clasificadas” do Ministerio de Economía e Facenda obtendo GRUPO V - SUBGRUPO 02 - CATEGORÍA C.
Xuño 2005
Balidea seguirá desenvolvendo, mantendo e evolucionando gran parte dos sistemas informáticos da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Abril 2005
Obtención da certificación de calidade segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000 (Sistemas de xestión para a calidade) a través do organismo acreditador AENOR.
Marzo 2005
Prorrogado o concurso do CIXTEC coa seguinte denominación "desenvolvementos e análises informáticos na área de sistemas e explotación do Cixtec"

presentación