Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Torneo de Padel
















Clientes e traballadores/as de BALIDEA disputaron o pasado 23
de outubro, en Santiago de Compostela, o I Torneo de Pádel
da empresa.

Para a organización deste evento, BALIDEA contou
coa colaboración de BP Sport e da empresa CONECTA7, e
tamén coa participación de Borja Yribarren e Ignacio
Otero, actuais campións galegos de pádel e unha das
mellores parellas do ranking internacional.

As persoas que se inscribiron no torneo puideron compartir pista con estes
dous xogadores, que desde o mes de maio contan tamén co patrocinio de BALIDEA.
Ademais dos galardóns cos que se obsequiou ás parellas campioa e subcampioa, a
empresa entregou agasallos a todos os/as participantes.

BALIDEA agradece a presenza de todas as persoas que se achegaron ao Club Pádel Compostela para disputar ou seguir o torneo.

As imaxes do que deu de si a xornada están recollidas na web de BP Sport.

 

 

 

 

 

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76