Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas
21.07.10   |

A Universidade de Vigo adxudícalle a BALIDEA os servizos de administración e mantemento correctivo e evolutivo da plataforma de xestión de contidos web da  web corporativa da organización.

 
16.07.10   |

A entrega desta certificación inscríbese nun proxecto coordinado por INEO, asociación da que BALIDEA é socia, para impulsar a excelencia empresarial no sector TIC en Galicia.

 
15.07.10   |

BALIDEA colaborou no deseño e posta en marcha do novo portal da Secretaría Xeral da Igualdade, desenvolvido co xestor de contidos Drupal e provisto de novas funcionalidades.

 
06.07.10   |

O Servizo Galego de Saúde confioulle a BALIDEA o desenvolvemento das tarefas asociadas á implantación de Ágora, o proxecto co que este organismo quere desenvolver servizos sanitarios en liña que faciliten a participación e o intercambio de información e coñecemento dentro da organización.

 
26.05.10   |

Dentro do proxecto eSICUS-eADM para a posta en marcha da Administración electrónica na Universidade de Santiago de Compostela, esta entidade adxudícalle a BALIDEA o contrato para a aplicación da sinatura electrónica no Portal de Provedores e no de Directores de Centros de Gasto.

 
 
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76